xoves. 05.03.2026
El tiempo

Invitan a participar nunha nova limpeza dos Coídos de Camariñas para este sábado

Estado do coido de Camarinas
Así están os coídos de Camariñas
Invitan a participar nunha nova limpeza dos Coídos de Camariñas para este sábado

A familia de Mar de Fábula, trala limpeza nos Muíños, volve a Camariñas e convoca unha limpeza para este sábado 7 de marzo, ás 11:00h, nos coídos do final da vila. A previsión da meteo da inestabilidade para estos días, pero o sábado pola mañá semella que teremos unha ventaniña sen choiva, polo que esperan quedar no aparcamento do Castelo do Soberano e peitear as azoutadas boleiras.

A entidade levará todo o material necesario para levar a cabo esta limpeza. A efecto de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no teléfono: 660242118.

Comentarios