Media tonelada de cordas do cultivo de mexillón rescatadas da praia dos Muíños
Esta pasada fin de semana o voluntariado da familia de Mar de Fábula rescatou 695 kg de lixo mariño da praia dos Muíños, ubicada en prena ría de Camariñas, na banda de Muxía. Na chamada limpeza do Tarugotón, convocada por ADEGA no marco dunha campaña contra os tarugos (os paus das bateas que ateigan o litoral do país, sumando aos datos 203 paos enteiros e 35 partidos), Mar de Fábula apunta que deses case 700kg, aproximadamente 500 pertencen a cordas enteiras do cultivo do mexillón.
A familia de Mar de Fábula lembra que se ben na ría non hai bateas, si que hai dende uns 5 anos un sistema de cultivo do mexillón chamado "long line", do que se colgan as cordas.
Por iso lamentan ter desenterrado 7 liñas enteiras de cordas, ficando moitas aínda no areal despois desta serie infinita de temporais. Ante esta situación Mar de Fábula pide ás empresas explotadoras e a industria fabricante e comercializadora que “barallen materias alternativos para a fabricación desta praga que é o paos das bateas”. Pero tamén invita aos Concellos e Xunta a pedir responsabilidades, e que esixan a retirada das cordas perdidas.



