Lois Patiño busca figurantes para un novo filme que se rodará na Costa da Morte

Lois Patiño busca figurantes para rodar na Costa da Morte Tempo Vertical Volve o director Lois Patiño á nosa terra, despois do seu documental "Costa da Morte". E faino para rodar a súa segunda longametraxe, “Tempo Vertical”, da man das produtoras Zeitun Films e Amanita films. O primeiro é atopar figurantes polo que están anunciando un casting. Buscan homes e mulleres maiores de 35 anos e, sobre todo, xente de entre 55 e 85 anos. Interésannos todo tipo de perfís. Os figurantes deberán posar totalmente inmóbiles, polo que non é necesaria experiencia previa en interpretación. Os castings serán:
  • Luns 19 de xuño ás 17h. no Museo do Alemán de Camelle.
  • Martes 20 de xuño ás 17h. na Casa da Pedra de Camariñas.
  • Mércores 21 de xuño ás 18h. no Casino de Ponte do Porto.

Sinopse de Tempo Vertical

Un pobo. O tempo parece terse detido. A natureza e os animais móvense libremente mentres as persoas están paralizadas. Malia todo, escoitámolas moverse e falar, coma se estivesen nunha dimensión paralela. A sensación é a de observar un limbo cheo de espectros. Aparecen tres mulleres (serán meigas?) capaces de moverse entre estas dúas dimensións. Tratan de facer algo que non chegamos a comprender.  

Novas relacionadas

Máis Novas cinematográficas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasacosta.com).