Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira

Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira
Fede Rey Perez Xose A Tourinan e Miguel de Lira con MOrris presentando Os Fenomenos

Mentres disfrutamos aínda no grande éxito na gran pantalla de “A Esmorga”, o cinema galego xa está embarcado noutra produción de cara ao Nadal. Outra produción con participación costeira, pois o filme conta con varios actores veciños, como son o carnotán Miguel de Lira, tamén presente na Esmorga, o mazaricán Federico Pérez Rey, que vén de saír en Encallaos, e máis o herculino con moita vinculación bergantiñán, Xosé A. Touriñán.

Este vindeiro 12 de decembro, unha marea de cines de toda Galicia, incluídos os Cines Bergantiños de Carballo, estrearán na o filme Los Fenómenos, unha boa descrición do drama social que vivimos nestes tempos da crise do ladrillo. Baixo a dirección de Alfonso Zarauza, teremos grandes actores como os protagonistas Lola Dueñas e Luis Tosar, arroupados por un elenco de actores galegos de primeira orde, como os propios Miguel de Lira, Fede Pérez Rey e Xosé A. Touriñán.

Non a podemos perder.

A Esmorga, a Madrid

Tal e como vaticinaban os produtores do filme (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG) o récord de billeteira d’A ESMORGA nos cines galegos abriu as portas para a súa estrea no resto do estado. Despois dos 25.000 galegos que xa pasaron polas salas, agora lles toca o turno aos madrileños. A viaxe d'A ESMORGA por España iniciarase o vindeiro venres 6 de marzo de 2015 nos prestixiosos CINES PRINCESA de Madrid onde se proxectará en V.O.S. en castelán.

Novas relacionadas

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios