Costa da Morte, a premiada documental de Lois Patiño, chega á gran pantalla
A partir do vindeiro 26 de setembro a documental de Lois Patiño ”Costa da Morte” estará, ademais de por festivais de todo o mundo, nas salas de cine comerciais. Esta irrupción nas salas de público masivo aumenta exponencialmente a súa visibilidade, polo que a nosa bisbarra, esa “Costa da Morte cunha enerxía especial”, como el mesmo nos contaba nunha entrevosta, ten que estar ben agradecida.
Por agora, xa temos confirmada a súa presencia nos Multicines Norte de Vigo, pero esperan chegar a máis cidades. Ademais, o filme chegará a Valencia, en Madrid estarán na Cineteca, e en Barcelona na Zumzeig Cinema.
E agora, vén de confirmarnos as seguintes estreas para o vindeiro venres 26:
1. MADRID - Cineteca 2. BARCELONA - Zumzeig Cinema 3. VALENCIA - IVAC (25 y 27 sept.) 4. MALAGA - Cine Albéniz 5. MAJADAHONDA - Cines Zoco 6. VIGO - Multicines Norte 7. A CORUÑA - Cantones Cines 8. FERROL - Cines Dúplex 9. CEE - Xunqueira CinesEn Cee
Poderemos ver a peli nos Cines Xunqueira de Cee nos seguintes horarios:
Viernes 26 Sep: 20:40 / 23:15 Sábado 27 sep: 20:00 / 22:30 Domingo 28 Sep. 20:40 / 23:00 Lunes 29 Sep. a 2 Oct. 20:15 / 22:45Longo percorrido
Leva máis dun ano percorrendo festivais de todo o mundo. Dende aquel xa lonxano Festival de Loncarno, en xullo pasado, ten collitado premios en Florencia, no Play-Doc de Tui, en México, na Mostra Internacional Gas Natural-Fenosa… Unha das últimas citas, foi no tremendo festival Docu-Fest de Kosovo, pasando tamén por Edimburgo, Río de Janeiro, Sevilla, Venecia, La Rioja... ou polo ciclo Cinema á fresca en el Museo Provincial de Lugo, como vemos na foto.
Un fermoso xeito de levar o nome da Costa da Morte por todo o mundo. Para que os aínda non vistes de que se trata, ollo ao trailer:
Máis información
Novas relacionadas
- Entrevista: Lois Patiño: “A Costa da Morte ten unha enerxía especial”.
- Lois Patiño colleita un novo premio coa súa Costa da Morte.
- A Costa da Morte de Lois Patiño encandila ao público do Festival de Florencia.
- A Costa da Morte de Lois Patiño triunfa en Locarno.
- A Costa da Morte de Lois Patiño ao Festival de Locarno.
- A paisaxe e a tradición da Costa da Morte protagonizan a próxima documental de Lois Patiño.
Novas cinematográficas
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).