Venres. 29.03.2024
El tiempo

Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte

Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte
Illados Documental sobre a Costa da Morte

Recén saído do forno traemos esta documental. Do forno da Universidade da Coruña, onde un grupo de estudantes levan varios meses cocendo este traballo. Trátase da documental Illados promovida por Laura Santos, Sibila Souto e Jorge Vázquez.

Unha documental que segue espallando o misticismo da nosa bisbarra e que veremos se percorre tanto mundo como a ”Costa da Morte” de Lois Patiño.

Como ben nos indica o nome, a documental analiza a indiosincrasia da nosa afastada terra, e como se reflicte na nosa personalidade. Para iso conta con 5 personaxes tan cotiáns como especiais, como son Cristina, Manuel, José Manuel, Suso e Xan, sendo os máis coñecidos para o público en xeral Cristina Fernández, torreira do Faro Vilán de Camariñas, e o Rubio de Camelle, Manuel Tajes.
Da unión entre os personaxes sae un segundo nivel de historia, integrando a propia investigación e preproducción na peza documental. O argumento xira en torno a un tesouro histórico en perigo de extición: a identidade da Costa da Morte e de Galicia.

Illados recompila historias de xente galega que reflicte o mellor carácter da comunidade. Conta vida, valentía, bondade, mar, terra, aire, luz… Microhistorias de varios sitios diferentes, dispersos, separados.

Musicalizado pola banda God is an Astronaut (Wicklow, Irlanda), xa o podemos ver na fermosa web illados.com, desgranado personaxe a personaxe. Non ten perda!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios