Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal

A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal
Miguel de Lira na Gran Pantalla en A Esmorga

Menudo luxo ver na gran pantalla un filme de íntegra produción galega, que ademais leva detrás unha completa campaña de publicidade estilo “holywood”. E se ademais podemos ver así de grande a un dos nosos veciños, alegría doble.

I é que a película A ESMORGA (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG), dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”, xa conquistou a miles de espectadores galegos dende a súa estrea o pasado venres 21 de novembro, e converteuse nun auténtico fenómeno de taquilla.

A ESMORGA, estreada con só 18 copias en Galicia e en VO galego, colocouse con rapidez no 2º posto en recadación media por copia en todo o estado (4.772€/sala) só por debaixo de "Los juegos del hambre”, estreada en toda España con 366 copias.

Ademais, segundo os datos de Rentrak, desde o mércores A ESMORGA entrou no Top 10 da carteleira a nivel estatal, codeándose coas grandes superproducións norteamericanas en todos os cines de Galicia.

Nós xa vimos o filme, e parécenos tremendamente interesante como Vilar recolle todo un clásico da nosa literatura. As verbas de Eduardo Blanco Amor están impregnadas do amargo oruxo que beben e beben os protagonistas do filme, das ruelas empedradas das terras ourensás que tan ben locen. Intensa, por momentos lixeiramente lenta, pero emotiva.
O noso veciño, o carnotán Miguel de Lira, o condutor do fío argumental, está espectacular, tanto de sereno como de ebrio. Karra dá conta de que o galego é patrimonio nacional, e Morris está sinxelamente espectacular.

E atentos estaremos, porque volveremos ver na gran pantalla a Miguel de Lira, con Xosé A. Touriñan entre outros, no novo filme de produción galega Los Fenómenos.

Miguel de Lira Karra Elejalde e Morris en A Esmorga

Aínda podedes vela os seguintes días nos cines da volta:

  • Cines Xunqueira Cee: venres 28 ás 23:15h, o sábado ás 22:30h e 1:00h, o domingo ás 23:00h e de luns 1 a xoves 4 de decembro, ás 22:45h.
  • Cines Bergantiños: aínda non atopamos confirmados os horarios.

Aquí tendes o atrevido e intenso trailer:

Novas relacionadas

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios