Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Luna Suárez, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’

Eu Son Camarinas con Luna Suarez
Luna Suárez conversando con Víctor Fdez. Alves
Luna Suárez, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’

Nova entrega do singular proxecto audiovisual ‘Eu Son Camariñas’. Depois de coñecer a fondo 3 sanitarias camariñás e ao promotor Víctor Fernández Alves, hoxe a campaña visita arquitecta de Camelle Luna Suárez.

Suáres sorprendeu co seu traballo de fin de grao sobre o Alemán de Camelle na Universidade da Coruña, e agora exerce a profesión nun estudio da Coruña dende hai catro anos. Creceu ao carón do artista alemán de Camelle e iso levouna a realizar o seu traballo de fin de grao sobre a súa figura e a súa arte. Nel tócanse todos os puntos da vida e arte de Manfred, algúns deles completamente descoñecidos como pode ser a fotografía ou o paradoiro dos cartos que cobraba aos visitantes por visitar o seu museo.

Podedes ver as entrevistas en eusoncamarinas.es onde o Concello continúa dando visibilidade ás personalidades e ao talento camariñán.

Novas relacionadas

Comentarios