Mércores. 03.03.2021
El tiempo

Os maiores, protagonistas da recuperación da memoria histórica do Entroido de Camariñas

Entroido CAMARIÑAS ENTERRO DA SARDIÑA 2 copia
Enterro da Sardiña de Camariñas do ano pasado
Os maiores, protagonistas da recuperación da memoria histórica do Entroido de Camariñas

Fermoso proxecto de recuperación da memoria histórica o que vai poñer en práctica o Concello de Camariñas arredor do Entroido. A través do concurso chamado ‘O Enxoval da memoria’, quere coñecer e recuperar diferentes manifestacións culturais do entroido camariñán por medio do relato das persoas maiores.

O programa, que se fará a modo de concurso, levarase a cabo de xeito virtual por medio da gravación de vídeos por parte dos participantes. Cada familia poderá gravar a un dos seus maiores relatando vivencias persoais relacionadas co entroido e todo o que hai arredor: anécdotas, coplas, receitas, bromas…

Haberá un total de 900 euros en premios, divididos en: 300 euros para a mellor produción de vídeo sobre vivencias do Entroido, 100 euros para os cinco primeiros vídeos enviados, e unha cesta de Entroido valorada en 100 euros entre todos os participantes.

Para participar hai que enviar un vídeo ao departamento de cultura do Concello de Camariñas no correo electrónico [email protected] ou a través do Whatsapp 665 13 44 90. O prazo de envío de vídeos e solicitude de participación comezará mañá, martes 2 de febreiro, e remata o 28 de febreiro.

Concurso de Disfraces

Igualmente o Concello Camariñas convoca o seu concurso de disfraces, a través da casa, que dará máis de 1.600
euros en vales para consumir no comercio local co seu concurso de Entroido
En tres categorías diferentes, os participantes deberán enviar fotografías dos seus disfraces por diante e por detrás, dos que o xurado valorará o conxunto.
O prazo para participar no certame finalizará o próximo 12 de febreiro. Os gañadores anunciaranse o día 16 a través da
páxina web e as redes sociais municipais.

As persoas interesadas en participar terán que enviar as fotografías, o formulario e os datos anteriormente descritos por correo electrónico a [email protected] ou a través do Whatsapp 665 13 44 90.
O prazo para presentarse estará aberto ata as 14:00 horas do 12 de febreiro.

comentarios