Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 300 mulleres participaron nunha solidaria Danza Rosa contra o cancro de mama

Danza Rosa de Camariñas 1 copia
Máis de 300 mulleres participaron nunha solidaria Danza Rosa contra o cancro de mama

Esta fin de semana si que puido desenvolverse a segunda ‘Danza Rosa’ organizada polo Concello de Camariñas en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

Foron máis de 300 as mulleres que participaron neste evento solidario, que serviu para recadar arredor de 900 euros que serán doados a esta asociación camariñana.

Ademais da foto de familia diante do concello, as e os participantes levaron os arcos rosas ata o porto, e ata a Casa de Pedra, onde houbo un faladoiro coa psicóloga da AECC, Ainhoa Carrasco.

Danza Rosa de Camariñas 2 copia

Danza Rosa de Camariñas 3 copia

Novas relacionadas

Comentarios