Venres. 29.03.2024
El tiempo

Man volve á súa Casa-Museo

Man volve á súa Casa-Museo
cinzas-man-camelle Dende o pasado sábado, as cinzas de Man descansan na súa Casa-Museo Nun acto cargado de emoción e no que estiveron presentes familiares e veciños de Manfred Gnändinger (1936 - 2002) ademais de diversas autoridades, o pasado sábado trasladáronse as cinzas do artista á súa Casa-Museo cumpríndose así un dos seus desexos. homenaxe-man-camelle O Concello de Camariñas rendeulle unha homenaxe ao artista con motivo do aniversario do seu nacemento O acto foi "moi emotivo", sinala Juan Carlos Canosa - responsable do Museo Man de Camelle -. Alí tamén estaban persoas como "Chita", veciña e amiga de Man. Segundo ela dixo, foi un adiantado ao seu tempo e “a súa vida e filosofía debería de chegar moito máis alá deste pobo, Galicia e España”. Na homenaxe tamén estaban outras persoas relacionadas co artista tales como Mercedes Martín - impulsora da conservación do seu legado - e Simón Vázquez - director do documental "Man home sen paz". Tamén presenciaron esta particular homenaxe o sobriño de Man - Clemens Gnädinguer -e o seu irmán que, visiblemente emocionado, deu as grazas polas mostras de agarimo recibidas. Tampouco faltou a parte musical da homenae, que correo a cargo do coro municipal de Mulleres de Camariñas. homenaxe-man-camelle-camarinas Familiares, amigos e autoridades asistiron ao acto que tivo lugar o pasado sábado en Camelle   coro-camarinas-homenaxe-man Durante o acto de homenaxe a Man actuou o coro municipal de Mulleres de Camariñas Ao finalizar a homenaxe, o irmán de Man trasladou as cinzas do artista a súa casa-museo, acompañado dunha comitiva de máis de duascentas persoas, onde a familia de maneira íntima, se despediu de Man depositando as súas cinzas no interior da casa. irma-sobrino-man-camelle O sobriño e o irmá de Man, visiblemente emocionados, estiveron na homenaxe do artista Esta particular homenaxe coincidía xusto cando se cumpriron 82 anos do seu nacemento, un 27 de xaneiro de 1936.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios