A nova escritora xalleira Amalia Blanco estréase na casa coa súa novela "Cando marchan as luces”

Despois da visita da baiesa Carmen V. Valiña, a Libraría Ler Santa Comba acolle este venres 6 de xuño unha velada especial. A escritora xalleira Amalia Blanco, que vén de gañar a 34.ª edición do Premio Literario Camilo José Cela este ano, estará ás 20:00h no espazo, presentando a súa obra "Cando marchan as luces”, acompañada por Laura Veiga, xornalista e sexóloga; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Publicada en Literaria Ronsel, esta obra, que supón o debut dunha novísima autora, conmove pola súa honestidade e pola capacidade de nomear o que tantas veces queda silenciado.
Amalia Blanco (Santa Comba, 8/12/2006), estudia a licenciatura de Fisica mentres escribe e practica o atletismo. Escribe dende cativa influída por unha máquina de escribir suíza dos meus pais. Xa leva varios varios recoñecementos literarios, tanto en poesía (Premio Minerva e Premio de poesía Francisco Añón) como en narrativa, entre eles este Premio Camilo José Cela.
En 2024 participou nunha residencia literaria autodirixida xunto cos outros galardoados no Premio Minerva do colexio Manuel Peleteiro.
Adoita afondar no intimismo na súa obra, explorando temas como o amor, a morte e as doenzas mentais.
Sinopse: "Cando marchan as luces”
Lúa ten 16 anos e vive en Barcelona. Desde a morte do seu pai, arrastra unha dor que non sempre se ve, pero que todo o invade. O que para outros é rutina, para ela é resistencia. A súa vida faise eco, espiral, lembranza, ausencia.
Neste relato íntimo e poderoso que é "Cando marchan as luces", Amalia Blanco Pose mergúllanos nunha historia contada desde dentro da ferida. A protagonista enfróntase á depresión, tentando comprender un malestar que se agocha entre o corpo e a mente, entre o pasado que pesa e un presente que escapa.
Non é un estudo nin unha análise, senón a deriva dun pensamento que busca sentido no medio da néboa. Ao seu arredor, amizades e familiares acompañan, observan e resisten tamén.