martes. 03.06.2025
El tiempo

Copa da Costa: O Dumbría non perdoa e o Muxía métese na final de novo nos penaltis

CF Muxia celebrando o pase a final da Copa da Costa 2025 no Cunchido
A familia do CF Muxía celebrando o pase á final da Copa da Costa 2025 no Cunchido
Copa da Costa: O Dumbría non perdoa e o Muxía métese na final de novo nos penaltis

Xa temos final da LX Copa da Costa 2025. Dumbría e Muxía superaron a Castriz e Outes a domicilio, e se meten na final do vindeiro domingo 8.

Ambientazo en San Pedro para recibir o cadro xalleiro a un Dumbría que partía como favorito, tanto por ser o actual campión da competición, como polo título e ascenso conseguido hai case un mes.

Mentres, no Cunchido, tamén cun ambiente expeccional, o Muxía superaba ao Outes con remontada nos 90 minutos e tamén nos penaltis, como fixera o pasado martes ante o poderoso Sofán.

Castriz - Dumbría (1-3)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samu Castro, Anxo, Brais, Marcos Mouro, Adrián García, Josiño, Borja Gándara, Iván Pastoriza. Tamén: Rodo, Alberto Mata, Noli, Gesto e Carlos Rieiro.
  • Dumbría: Anxo, Kanario, Breixo, Mataso, Dani Chao, Baba, Alex Marcote, Toni, Lucas Toba, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Breixo Castro, Brais, Juanjo, Antón, Iago Insua e Adrián Periscal.
  • Goles: 0-1, m.9: Lucas Toba; 0-2, m.15: Xabi Castro; 1-2, m.16: Fabián dende fóra da área; 1-3, m.57. Estévez.
11 do Dumbria en San Pedro
11 do Dumbria en San Pedro

Saíron moi fortes os dumbrieses, cunha dinámica espectacular que se adiantaron moi pronto por medio de Lucas e Xabi Castro. Reacciounou rápido o equipo de Miguel Chouza, aos que lle pesaba o ambiente e a presión xerada en Castriz, pero conseguían reducir distancia cun tiro dende lonxe de Fabián. Así e todo non conseguiron superar as liñas dos visitantes e metelos en apuros.

Na segunda comezaba o partido igualado, cun Castriz que se empezaba a soltar, pero despois do primeiro aviso xalleiro, aparecía o pichichi da temporada, Diego Estévez, para marcar o terceiro ao cuarto de hora. Doeu, pero pouco a pouco o Castriz veuse arriba a base de empurre e meteu atras aos de Pablo Conde, que tamén puideron ter sentenciar á contra. No último cuarto de hora os locais tiveron unha falta ao pau e Anxo tivo que aparecer cun paradón espectacular para que os seus non sufrisen demasiado no desconto.

Outes - Muxía (1-1)*

Ambientazo no Cunchido para recibir ao Muxia
Ambientazo no Cunchido para recibir ao Muxía
  • Outes: Ryan, Stefan, Paullo, Sergio, Martín, Manel, Brais, Claudino, Iván, Sanchiño e Keko. Tamén: Adrián Freire, Cristian, Kevin, Veleiro, Yago Dosil, Adrián Caamaño e Aarón.
  • Muxía: Adrián, Mateo, Congui, Carlos Costa, Kevin, Mauro, Víctor Alcaina, Iago Muíño, Robero, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Anxo, Alex, Fabián, Darío, Isma, Javi e Manu.
  • Goles: 1-0, m.28: Brais nun saque de banda longo; 1-1, m.48: Víctor Alcaina

Partidazo tremendo, dos fermosos de auténtico ambiente da Copa da Costa. A afección do Outes enchía o Cunchido, mentres a afección muxiá celebraba aínda o ascenso das féminas.

Comezaba o choque moi igualado, con moito vento. Á media hora Brais abría o partido para os de Gonzalo, que foron dominadores e mesmo mereceron algo máis nunha primeira metade na que facían moito dano a balón parado. Tivo tamén o cadro muxián algunha na primeira metade. 

Nada máis comezar a segunda, os de Pataca empataban por medio de Víctor Alcaina. Foron mellores os muxiáns na segunda, apretando máis que o cadro local, pero o partido foi esmorecendo sen demasiados riscos ata o remate dos 90.

Chegaba á quenda dos penaltis, e fallaban Manu Martínez fallaba o primeiro para os muxiáns. Tras varios goles, Veleiro mandaba o cuarto ao pau deixando de novo a cousa empatada. Non fallaron os muxiáns Fran Moreira, Carlos Costa, Kevin e Manu Nogueira, e apareceu o heroe do martes, un Adrián Suárez que hoxe foi titular e que volveu parar o 5º penalti a Keko, un dos heroes da temporada dos da Serra, para delirio do equipo vermello e da afección corviña.

Máis novas

Comentarios