venres. 06.06.2025
El tiempo

Santa Comba e Zas, entre os concellos afectados por unha banda organizada de roubo de cobre desarmada en Jaén

Garda Civil roubo Cobre Jaen
Santa Comba e Zas, entre os concellos afectados por unha banda organizada de roubo de cobre desarmada en Jaén

Informa hoxe a Garda Civil que vén de desmantelar en Jaén unha banda organización criminal dedicada ao roubo de cableado de cobre por todo o territorio nacional. Entre as provincias afectadas, ademais das Valladolid, Soria, León, Zamora, Ávila, Segovia e Zaragoza, tamén se atopa na Coruña, xa que parte do material incautado procedía do cableado dos Concellos de Santa Comba e Zas.

Na operación chamada Coariza-Garofaro, foron detidas 19 persoas e investigadas outras 23 por supostos delitos contra o patrimonio por roubos con forza e receptación, así como delitos contra o medio ambiente. Resultando intervidas e recuperadas multitude de ferramentas e un total de 8.200 kg de cobre subtraído, esclarecéndose 34 feitos delituosos labores por esta organización.

O modus operandi era o seginte: A organización alugaba furgonetas por períodos de 24 a 48 horas, con orixe na provincia de Córdoba, utilizadas para desprazarse ata outras provincias do territorio nacional, onde recollían o material roubado por outros membros da organización, chegando a percorrer ata máis de 1.000 quilómetros diarios. Os investigadores observaron que estas furgonetas tiñan unha parada prolongada co cableado roubado, nun punto intermedio, antes da súa volta ao lugar de orixe, concretamente nun caserío situado nunha leira da localidade de Úbeda, onde a organización contaba con infraestrutura e maquinaria para a preparación do cobre, separando as vainas sobrantes do cableado subtraído. Os refugallos deste proceso eran transportados á noitiña ata unha paraxe apartada onde eran vertidos. Este caserío tamén era usado como vivenda de transeúntes, para o descanso dos condutores das furgonetas, que circulaban por todo o territorio nacional transportando o material roubado ata esta localización.

Finalmente, o cobre unha vez separado do cableado e sen marcas de rastrexabilidade que puidesen determinar a súa procedencia, era transportado por un camión de grandes dimensións, desde a leira de Úbeda, ata unha empresa de reciclaxes, situada na provincia de Granada, que compraba o cobre de forma ilícita, recibíndoo sen asentalo nos rexistros de entrada. O cobre era procesado na planta de reciclaxe, construída especificamente para o tratamento deste tipo de cableado, quedando listo para o seu uso. Para posteriormente ser trasladado e distribuído por outras empresas de transporte nacionais e internacionais.

Comentarios