Man volve ter casa en Camelle


Dunha “ruína ancorada nun tempo glorioso que xa non existía”. Dunha “casa espida de toda a súa significación corrompida polos anos de abandono e traxedias, enferma dunha soidade da que outrora careceu”. A unha casa con personalidade, con espírito, con arte.
Rematou o creación do Museo de Man en 2015, que alberga ducias das súas obras, quedaba recuperar a súa obra máis auténtica, a súa propia casa.

A obra, ademais do evidente polo seu exterior cunha “reintegración cromática que devolve o espírito e vida a esa casa xa cansada de esperar tempos mellores”, tamén se levou a cabo unha reestruturación “física e tamén emocional”. Curiosa é a restauración dos vidros do pequeno habitáculo a base de crebas, que permite ver moitas cousas no interior, como estrelas ou o mesmo arco da vella. A obra recuperou ademais o teito (xa non é un perigo adentrarse na casa, o chan e varias estanterías.
Agora queda convencer aos veciños que Man era un artista, máis que un anacoreta.
Pero así e todo, aínda non está todo feito, nin moito menos. Pendentes quedamos aínda para ver reverdecer ese xardín de pedras que fixo arredor da súa casa, xa no mar de Camelle, e tamén da colocación das súas cinzas nunha furna no interior da casa, que podería ser a finais de xaneiro.

Novas relacionadas
- Novembro 17: “Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man”
- Novembro 17:#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”.
- Abril 17: A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man.
- Novembro 16: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle.
- Xaneiro 2016: Camariñas poderá rehabilitar a Casa de Man de Camelle.
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- Abril 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Maio 2015: Obradoiros MAN: O crebeiro artista.
- Maio 2015: Obradoiros Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man.
- Abrio 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Decembro 2014: Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación.
- Decembro 2011: Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Setembro 2011: Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Lorena en Verde: Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Museomandecamelle.