mércores. 30.04.2025
El tiempo

O voluntariado acodiu masivamente á limpeza da praia do Rostro

Limpeza praia Mar do Rostro con Mar de Fabula. 3
O voluntariado acodiu masivamente á limpeza da praia do Rostro

Espectacular resposta a que realizou a veciñanza de Fisterra á chamada de Mar de Fábula para limpar a praia do Rostro. Case 70 persoas voluntarias (incluída a rexedora) asistiron a chamada para coidar este máxico areal, demostrando a concienciación da veciñanza da comarca ca problemática da contaminación mariña das súas praias. De feito, entre toda prepararon unha lista de areais onde poder actuar.

Limpeza praia Mar do Rostro con Mar de Fabula

O voluntariado recolleu máis de 20 sacos de 100 litros, que deixaron ben estibados ao longo da praia para a posterior recollida dos operarios do concello. Debido ás características da limpeza, non foi posible a triaxe do lixo, pero destacan que a gran maioría, son os refugallos típicos da Costa da Morte: residuos da actividade pesqueira e da actividade marítima do corredor de Fisterra, botellas, envases i embalaxes, en todos os idiomas, moitos paos das bateas de mexillón, etc.. mesmo atoparon chapapote.

Durante as explicacións volveron facer fincapé na necesidade de reducir o consumo, de consumir de maneira responsable, porque “o mellor residuo é o que non se xenera”.

Limpeza praia Mar do Rostro con Mar de Fabula 2

Máis novas

Comentarios