venres. 08.11.2024
El tiempo

Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites

Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites
Camino dos Faros inclusivo polo Vilan O Camiño dos Faros #SenLímites inclusivo rematou polo Vilán

Que e posibilidades ten aberto o Camiño dos Faros nos seus 4 anos de vida. Unha das máis fermosas é este Camiño SenLímites, que xa percorre o treito final da segunda edición. Esta aposta pola inclusión artellada polas ANPAS desenvolvía esta fin de semana unha nova etapa que remataba no Faro Vilán, nunha perfecta ocasión para que as xentes con problemas de mobilidade poidan disfrutar da maxia da nosa natureza.

A 5ª etapa serviu ademais para reivindicar o dereito a unha nova Lei Educativa, un Ensino Público Galego Inclusivo, co lema "Rompamos barreiras xunt@s por unha inclusión sen límites".

Durante o descurso da andaina, a organización quedou encantada coa cantidade de recoñecementos e parabéns que recibiron. Unha das máis valiosas, a do científico xalleiro e referencia mundial en temas de ADN, Ángel Carracedo, que posou con simpatía e humildade a centos de fotos.

Este Camiño SenLímites alza a voz por un ensino público de calidade Angel Carracedo no Camino Sen Limites Angel Carracedo no Camiño Sen Limites

As organizadoras Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte e a asociación Rompendo Límites agrandecen o traballo de todos os colectivos de necesidades específicas e mobilidade reducida participantes, como Un Paso Máis, Vidú, Aspaber, Ingada, Aloumiños, Aspronaga, Aspaber, Apem, Íntegro ..., así como a todo o equipo de monitor@s de tempo libre e voluntariado, coordinador@s de colectivos de Inclusión que permiten que esta e outras etapas teñan tan boa organización.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios