luns. 02.12.2024
El tiempo

Modesto Fraga, novo voceiro comarcal mentres o BNG nacional se divide

Modesto Fraga, novo voceiro comarcal mentres o BNG nacional se divide

Fin de semana chave para o devir do BNG. Se a Costa da Morte escollía ao seu novo voceiro no Consello Comarcal, o BNG nacional veía como o Encontro Irmandiño de Beiras marcha do partido e deixa sen unha parte da militancia, ata agora, único partido nacionalista do país. O "exceso control da UPG", mesmo despois da apretada votación da Asemblea Nacional, chama aos irmandiños a crear o seu propio partido.

Entrementres, na Costa da Morte, o novo voceiro comarcal é Modesto Fraga. O fisterrán presentaba unha "candidatura independiente e aberta", sen siglas, ou só coas do BNG. E vencía por 77 votos a 71 ao anterior voceiro Oscar Insua, que volvía presentar unha candidatura pegada á UPG e APU. Modesto valora como un premio ao seu traballo na oposición fisterrán e agradece que dende a bisbarra se pensara nel como posible voceiro.

O novo voceiro comarcal manifestouse sobre a marcha do Encontro Irmandiño lamentando que "o que está minando ao nacionalismo é esta loita entre correntes. Non é normal que nos esteamos degollando os uns aos outros", valora. Así e todo, entende que non é normal que os resultados apretados da Asemblea Nacional non se corresponden coas cotas de poder a día de hoxe, pero cre que os irmandiños deberían seguir traballando un pouco máis pola unidade.

Moción en Cee

Este nomeamento abre un pouco máis as portas á moción de censura en Cee, pois era curiosamente o anterior voceiro Insua, que xa pactara no seu día co PP, o que máis se opuña á mesma. Así, Modesto pensa que deberían ser os ceenses os que se prantexen o si ou non, que coñecen mellor a realidade municipal, e nese sentido dende a Executiva comarcal escoitarán as peticións da asemblea ceense.

Executiva formada

Queda agora a Executiva Comarcal composta por 4 persoas do equipo de Modesto Fraga e 3 de Insua.

Ademais, para o Consello comarcal (aínda faltan por nomear os 10 responsables municipais e un representante de Galiza Nova) quedarían xa 8 membros da lista de Modesto: Élida Pequeño (Vimianzo), Dani Oca (Cee), Fernando Mancebo (Vimianzo), Yolanda Mourelle (Zas), Arturo González (Corcubión); Silvia González Castro (Cee) e Bautista Pose (Muxía).
E 7 da lista de Oscar, no marco da APU e do MGS: Oscar Insua (Corcubión), Merche Díaz Mayán (Carnota), Xan Carlos Sar (Fisterra), Ilva Carril (Camariñas), Carlos Concheiro (Muxía), Serxio Domínguez (Cee), Ánxeles Sanchez Mancebo (Muxía).

BNG de Camariñas

Esta pasada fin de semana, tamén se decidía a Asemblea Local do BNG de Camariñas. Esta elixiu por unanimidade a Manuel Camiño Mouzo como responsable Local do BNG de Camariñas e como Vice-responsable a Isabel Barreiro Vigo (Candidata á alcaldia polo BNG).

O renovado responsable Local vai continuar co traballo realizado até o de ahora, "maior cercanía coa xente, ampliar a base militante do BNG e traballar arreo polo Concello de Camariñas lonxe das liortas estériles e personalistas que estan a levar a cabo o PSOE e o PP e que intentan enfrentar ao pobo de Camariñas xudicializando a vida política".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios