O PP deixa no tellado do BNG a moción de censura en Cee


Deu luz verde esta pasada fin de semana o PP provincial á moción de censura en Cee. Deste xeito, queda agora no tellado do BNG levala a cabo ou non, mentres Zaira Rodríguez xa case se mira como alcaldesa.
Pero a cousa non vai ser tan sinxela. Se ben esta semana ten que dilucidarse todo, os membros do BNG local están a apuraros últimos flecos xurídicos, intentando que no BNG non os expediente. A nova e interpretable lei antitransfuguismo, aínda sen estrear, pode cobrar protagonismo se dende o BNG nacional expulsan aos 3 edís que formarán a moción.
Así e todo, o nomeamento de Modesto Fraga como novo voceiro comarcal abre as portas un pouco máis á moción, pois o que máis a rexeitaba era curiosamente o anterior voceiro comarcal, Oscar Insua, que xa pactara no se día co PP. Segundo nos conta o propio Modesto Fraga, ao seu entender o Consello comarcal terá que escoitar as vicisitudes que explique a Asemblea Local de Cee, pero nunca do revés pois os propios edís ceenses serán os que coñezan mellor a realidade na vila da Xunqueira.
Razóns de sobra dende o PP para a moción
O venres chegaba a nota de prensa na que a dirección provincial dá luz verde ao PP de Cee para que peche as negociacións para unha posible moción de censura. O PP considera que existen no municipio circunstancias que motivan e xustifican sobradamente a posible presentación dunha moción de censura.
Estas circunstancias van desde "o deterior da situación política no municipio, motivada pola falta de capacidade de diálogo do actual rexedor, Ramón Vigo, ata a xestión errática do actual equipo de Goberno, baseada na improvisación. A todo iso únese a grave situación económica e deterioración das contas do Concello que se arrastra desde o ano 2010".
Novas relacionadas
- O Concello de Cee respira ambiente de moción de censura.
- Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental.
- O rexeitamento social e da oposición evitan a subida das taxas en Cee.
- Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M./li>
- Vigo cobrará.
- As diferentes visións da festa do alcalde.
Máis novas
- Entrevista con Rafa Villar, un ceense chave na renovación do BNG.
- Verdades de Louzán: Imputados, Témolos a eito.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do PP provincial.