Venres. 26.04.2024
El tiempo

As mulleres de Camelle crean a Asociación Cultural A Folja da Faneca

Presentación A Folja da Faneca copia
As mulleres de Camelle crean a Asociación Cultural A Folja da Faneca

A veciñanza camellá ten demostrado ter un carácter especial. Dese carácter curtido nos lugares onde remata a estrada, onde o mar bate con forza; neses lugares sen concello (#paísessenestado).

E para seguir artellando iniciativas sociais, nace, da man das mulleres e nais da vila, a Asociación Cultural A Folja da Faneca. Son mulleres que levan toda a vida vencelladas a todo o movemento cultural do pobo: grupo de gaitas, baile, teatro, Anpa... pero que teñen gañas de reactivar a vida cultural da vila. “Nós criámonos disfrutando das actividades culturais da Asociación Leliadoura, desaparecida xa fai uns cantos anos, e que deixaron no pobo un gran baleiro cultural. Agora, que temos fillos e/ou sobriños queremos retomar ese espíritu festivo, social e cultural que había en Camelle”, explica a brava de Digna Rodríguez.

De aí que como obxectivos teñan “recuperar a memoria colectiva e que non se perda a nosa historia no tempo”, e que as criaturas da vila sociabilicen a través da cultura.

Faranos reactivando o grupo de gaitas Jolpe de Mar, e consolidando o Grupo de Baile de Camelle; colaborando, como xa fai todo o pobo, cos actos do City of Agra; estreitar lazos coa Anpa de Camelle; recuperar o legado da Asociación Leliadoura, e o Legado de Man.

Pensan tamén en futuro, e propoñen xerar un arquivo da Historia de Camelle, coa memoria dos maiores do noso pobo, ademais de con bases documentais e gráficas; recuperar os oficios tradicionais e transmitirlle aos pequenos os camiños, lendas, mitos… da vila.

Xa as podedes seguir en IG (@afoljadafaneca e FB (A Folja da Faneca) e contactar con elas en [email protected] ou no 664.46.65.97.

Comentarios