Xoves. 05.08.2021
El tiempo

O Museo do Encaixe, entre os museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía

Fotografía do Encaixe de Camarinas para a Homo Faber Guide
Fotografía do Encaixe de Camarinas para a Homo Faber Guide
O Museo do Encaixe, entre os museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía
O proxecto ‘Homo Faber Guide’ é unha guía que seleccionará o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo. Unha guía na que participará, de cheo, o Museo do do Encaixe de Camariñas. De feito, esta pasada semana realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

“O obxectivo é que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado, un paso máis no proceso de internacionalización do encaixe que estamos levando a cabo”, explicou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, absolutamente satisfeita deste fito.

Novas relacionadas

comentarios