mércores. 10.06.2026
El tiempo

O Museo do Faro de Cabo Vilán homenaxea á paisaxe galega cunha nova exposición artística colectiva

 

Exposicion Galicia Paisaxes Faro Vilan
O Museo do Faro de Cabo Vilán homenaxea á paisaxe galega cunha nova exposición artística colectiva

O Museo do Faro de Cabo Vilán, en Camariñas, inaugura a exposición “Galicia, Paisaxes con Luz”, unha mostra colectiva do grupo artístico LUCET que poderávisitarse do 10 de xuño ao 31 de xullo de 2026. Unha nova demostración do compromiso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, que segue convertendo un dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte nun punto de encontro entre patrimonio, paisaxe e creación artística.

A exposición reúne obras de Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Melania Gómez Barral, María Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez, María del Carmen Valverde Navarro, Julia San Martín del Barrio e Salvador Galbán Dios, artistas cunha ampla traxectoria expositiva en Galicia e recoñecidos pola calidade técnica e artística dos seus traballos.

A mostra propón unha viaxe visual polos mares, vilas, cidades e paisaxes galegas a través de diferentes disciplinas como a acuarela, o óleo, o pastel, o carbón e a fotografía. A acuarela convértese no fío condutor dunha exposición que busca transmitir a luz, a atmosfera e a identidade propia do territorio galego.

O colectivo LUCET conta cunha consolidada traxectoria expositiva e mantén unha estreita vinculación co Faro de Cabo Vilán, espazo no que xa realizou numerosas exposicións ao longo dos últimos anos.

A exposición poderá visitarse no horario habitual do museo, de mércores a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Comentarios