Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Museo MAN recibe unha exposición solidaria dende a India

Man por Cristina Torbellina na exposicion de Anantapur a Camelle
Man, a visión de Cristina Torbellina, na exposicion de Anantapur a Camelle
O Museo MAN recibe unha exposición solidaria dende a India

O legado da Fundación Vicente Ferrer na India é inconstestable. Máis de 5 décadas apoiando na transformación de zonas rurais do sur do subcontinente, e apoiando a comunidades empobrecidas e a grupos especialmente vulnerables.

Paralelamente a entidade desenvolve proxectos artísticos e solidarios por todo o planeta. Un deles, a III Ruta da Arte de Anantapur, que pretende dar visibilidade ao traballo da Fundación a través da creación plástica, está a piques de aterrar na Costa da Morte.

A exposición ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’ inaugurarase este sábado, 26 de setembro, no Museo MAN de Camelle ás 12:00 horas.

A historia da exposición

En febreiro de 2020, oito artistas representantes de ‘Mata Sombras’ (‘Mate Ombres orixinariamente) viaxaron dende distintos puntos das Illas Baleares viaxaron á India xunto ao comisario Antoni Torres Martorell. Esta experiencia vital deixou unha impronta inesquecible na súa traxectoria. Como resultado, a exposición amosa a conxunción entre a individualidade do artista e a unión como colectivo. ‘Mata Sombras’ é unha auténtica oportunidade de sensibilización para unha cidadanía reflexiva, crítica e de promoción da arte como unha ferramenta de trasformación a favor dun mundo máis xusto.

Nun sentido figurado, os artistas, todos eles das Illas Baleares, conseguen a través das súas creacións ‘matar as sombras’. Este é o pequeno milagre da transformación social: erradicar a oscuridade coa luz e as cores. Albert Pinya, Amparo Sard, Cristina Torbellina, Doralice Souza, Pep Guerrero, Rif Sphani, Tomeu Coll e Zulema Bagur reflicten esta visión humanista coa que a Fundación Vicente Ferrer afronta o sufrimento e a pobreza desde fai máis de cincuenta anos.

As pinturas e as fotografías incluídas na exposición fanse eco dunha mensaxe universal: a transformación social conséguese con valores como a educación, a cooperación ou a inserción, para conseguir unha vida máis xusta e digna naqueles sectores máis vulnerables.

Novas relacionadas

 

Máis novas

Comentarios