Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte atisba varias trombas mariñas dende o seu litoral

A Costa da Morte atisba varias trombas mariñas dende o seu litoral
Manga Marina ou tromba mariña en Muxia-Foto-Dani Haz Manga Mariña vista dende Muxía-Foto-Daniel Haz Hai xusto un ano que se atisbou a mesma estampa dende a costa fisterrá. Desta volta, este mércores 13 de abril, foron os veciños muxiáns os que, arredor das 12:00h, quedaron abraiados con este fenómeno natural. Trátase dunha manga mariña, manga de auga, tromba mariña, ou fumareu, como nos confirman os compañeiros de 4gotas. “Hai condicións para que se formen”, sinalan. Lembran que as trombas non son tan voraces como os tornados, ao tempo que recordan que non soen entrar en terra. “Nacen dun embudo entre embudo que contén un torbellino sobre o auga e a conecta cunha nube cumuliforme, alcanzando alturas de entre 450 e 900m. Debuxan traxectorias curvas que poden durar ata 15 minutos”. Dende Fisterra e mesmo dende o Peirao de Brens tamén puideron atisbar este fenómeno, pero segundo nos indican 4gotas deberon ser dúas distintas, porque o lóxico, dado o vento do sur-suroeste que está soplando, tivo que ir subindo cara o norte. Manga Marina en Muxia-Foto-emeraldies Tromba Mariña vista dende o Coído de Muxia-Foto-@emeraldies Tromba Marina en Corcubion-Foto-Jano Lamas Tromba Mariña vista dende Corcubión-Foto-Jano Lamas  

Danos no Pindo

Danos no Pindo pola Tromba Mariña Danos no Pindo pola Tromba Mariña Seica normalmente non soen entrar en terra, pero parece que esta tromba mariña si s achegou demais, causando numerosos danos no Pindo. Segundo a Policía Local, e como vemos nas imaxes, rompeu chimeneas, tuberías, tirou tellas sobre os coches e mesmo mandou un contedor do lixo ao medio da praia. Os servizos de seguridade manteñen arestora acordoado un edificio e comprobaron a caída de tellas e chemineas das vivendas lindeiras. Había unha persoa dentro dun dos turismos danados pola tromba, pero, pese a que sufriu algunha ferida de carácter leve, rexeitou a asistencia médica. As chalanas amarradas a porto tamén sufriron os efectos do fenómeno meteorolóxico. Os servizos de Emerxencias recibiron a alerta sobre 13:00 horas, xusto unha hora despois do paso dun tornado pola Pobra do Caramiñal, Ribeira e Muxía. Aquí o vemos en acción ao seu paso polo Pindo: [fbvideo link="https://www.facebook.com/278884432194313/videos/1012805795468836/" width="650" height="600" onlyvideo="1"]   E este foi ao paso polas Illas Lobeira dende Fisterra, [fbvideo link="https://www.facebook.com/hotelancorafinisterre.finisterre/videos/995892457131631/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Esta foi gravada dende o mar de Camariñas, fronte ao Cabo Vilán. [fbvideo link="https://www.facebook.com/noelia.lopezestevez/videos/10207842211326398/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios