Luns. 16.12.2019
El tiempo

Nin López Madrid desatasca o conflito de Ferroatlántica

Nin López Madrid desatasca o conflito de Ferroatlántica
Membros do Comite e alcaldes a saida da reunion coa direccion de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans Membros do Comité e alcaldes á saída da reunion coa dirección de Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns

Longa a reunión que tiveron esta pasada tarde de luns en Ferroatlántica. 3 horas de reunión entre alcaldes e membros do Comité facendo un fronte común ante os membros da dirección, entre os que estaba o director das fábricas costeiras, e unha comitiva de Madrid liderada por López Madrid (o mesmo compi yogui da raíña), ou Leopoldo Calvo Sotelo.

Unha reunión convocada pola dirección madrileña coa intención de “desatascar” o conflito. Así e todo, o Comité cre que a empresa sabe do “non” da Xunta, e por iso lanzou este último ataque para chegar a un acordo.

A empresa probou cun novo acordo pero alcaldes e traballaradores seguen ancorados nun firme rexeitamento á venda das centrais. “Coa premisa da venda das centrais non imos negociar absolutamente nada”, sinala rotundo Alfonso Mouzo.

En todo caso, os alcaldes esixiron que a empresa volva colaborar coas entidades sociais, culturais e deportivas da comarca, e así parece que será aprobado.

Agora, o Comité queda á espera da reunión co Conselleiro de Industria que prometera unha resposta en xuño, e xa estamos case no mes de agosto.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

 

Fonte

Comentarios