mércores. 25.03.2026
El tiempo

QPC ponse de festa este sábado no Casino para celebrar 5 anos de #SoandoconForza co picadiscos Maikel Pérez Castro

QPC Soando con Forza Maikel
QPC ponse de festa este sábado no Casino para celebrar 5 anos de #SoandoconForza co picadiscos Maikel Pérez Castro

Este sabado 28 de marzo este xornal celebra no Casino1889 de Carballo ó quinto aniversario da súa sección #Soandoconforza. A sección musiqueira máis completa da comarca, con máis de 150 artigos, cheos de entrevistas, reseñas, listas, recompilacións, detalles…

O protagonista é picadiscos carballés, Maikel Perez Castro, que nos convida a unha festa total, con música do país e unha boa sesión de vinilos.

A xornada abrirá ás súas portas ás 20:00h, xa cos picadiscos facendo das súas.

Ás 21:00h sairán os pontevedreses “Nocturna”, para presentar o seu novo traballo de postpunk, "Sombras", un dos discos galegos do 2025, con himnos como "Puñal”.

A partir das 22:00h, punk rock da casa cos “Rusty Nuts”, enerxía máxima.

E ao remate, vinilos de máxima calidade para seguir a festa.

Xa tendes as entradas á venda nas tendas Teirón Surf.

 

CUESTIONARIOS DE MAIKEL PÉREZ CASTRO

 

#SOANDOCONFORZA

Orixinal vs Cover

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

Comentarios