Martes. 05.11.2024
El tiempo

Nómadas Solidari@s chegan á Costa para levar a luz a Malawi

Nómadas Solidari@s chegan á Costa para levar a luz a Malawi
caravanas_solidarias_(1)_800X460 As Caravanas Solidarias xa estiveron en Carballo a semana pasada preparándoo todo

Xa están aquí. Ao longo deste sábado 17, a partir das 16:00h, 15 autocaravanas da I Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidari@s concentraranse na praza do Concello de Carballo. Dende aí emprenderán unha viaxe por toda a zona dirixíndose cara Muros para facer noite no camping A Vouga de dito Concello.
O domingo 18 á mañá seguirase ruta por vilas da Costa da Morte, facendo parada ao mediodía no paseo marítimo da vila de Camariñas.

Todo isto no marco da primeira ruta está organizada pola Asociación Operación Pangono Pangono. Unha acción que servirá para recadar fondos (a través das cotas de inscrición) que serán destinados á instalación dun sistema solar fotovoltaico na residencia para mozas estudantes "Amai María" de Lilongwe, capital do pais africano de Malawi.

A ruta está patrocinada pola empresa Nómadas Motorhome, que cede de balde ás autocaravanas que participan na ruta, e conta coa colaboración do Camping A Vouga de Muros, así coma dos Concellos de Carballo, Muros e Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios