Novedoso concurso de Instagram e Facebook en Camariñas


O Concello de Camariñas presenta o que posiblemente sexa o primeiro concurso en Instagram organizado por unha institución galega. "Camariñas, o mar todo", organizado pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas en colaboración coa Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, pretende dinamizar a rede e fomentar o turismo na zona. Un certame que tamén se realizará a través do Facebook.

Para participar só tes que compartir as túas imaxes, actuais ou non, tomadas en calquera punto de Camariñas con dispositivo móbil ou cámara de fotos. Indica o lugar onde foi realizada.
- En Facebook: clica "gústame" en CamarinasMar e etiqueta as fotos con Camarinasmar.
- En Instagram: segue a camarinas e etiqueta as fotos co hashtag #camarinasmar.
Curso de Manipulación de Alimentos

Ademais, o Concello de Camariñas organiza un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para desenvolver ocupacións que impliquen a manipulación de produtos alimentarios. A realización do curso está prevista para o mes de setembro e estará condicionada a que se xunte un grupo mínimo de participantes.
- Duración: 3 horas e media.
- Prezo: 30 €. Posibilidade de descontos segundo o número de participantes.
- Destinatarios: aberto a tódalas persoas interesadas. Prazas limitadas.
- Preinscrición obrigatoria. Prazo: 31 agosto.
Máis información
- www.camarinas.net.
- mseijas.desenvolvemento@camarinas.net.
- Casa de Pedra 981737004.
Novas relacionadas
- 8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica.
- Camariñas coñece de preto os Riscos Laborais con persoal propio.
Fonte
- Concello de Camariñas.