Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O #25N en imaxes: charlas, concentracións e manifestos para loitar contra a violencia

O #25N en imaxes: charlas, concentracións e manifestos para loitar contra a violencia
A asociación feminista Busera recordou cada unha das victimas nunha concentración en Cee Busera recordou cada unha das victimas do feminicidio nunha concentración en Cee. Imaxe: Rafael Quintáns Concentracións, charlas, manifestos,... dun xeito a maior parte dos concellos, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro reixataron onte a violencia de xénero que no que vai de ano levou por diante a vida de 48 mulleres en todo o territorio nacional. Facemos un repaso en imaxes sobre como viviu a Costa da Morte o #25N, o día internacional contra a violencia de xénero. Cee Actos Buserana Cee Actos organizados pola asocación Buserana en Cee. Imaxes: Rafa Quintáns "Queda moito por facer, pero todos os pequenos xestos axudan", así o aseguraba Cristina Ledo coordinadora da asociación Feminista Buserana na entrevista que lle concedeu onte á QPC. Precisamente foron as Buseranas as encargadas de coordinar os actos que tiveron lugar na tarde de onte en Cee e durantes os cales se recordou a cada unha das víctimas que no que vai do 2015 morreron a mans dos seus maltratadores. A concentración rematou cunha chocolatada. 25N Cim Cee   Tamén o Centro de Información á Muller - CIM - de Cee organizou distintos actos durante a mañá de onte para dicirlle non á violencia machista. A primeira hora da mañá, máis de trinta veciñas participaron nun almorzo/tertulia que tivo lugar no centro social da vila e no que contaron coa presenza de Concha Blanco. Alí, de forma activa e dinámica, debatíronse temas relacionados co maltrato feminino. Despois deste almorzo, con tertulia incluida, concentráronse no centro da vila xunto co alumnado do CPR Manuela Rial Mouzo, do IES Agra de Raíces, membros da asociación APEM e veciños e veciñas de Cee. Alí, leuse un manifesto en contra da violencia de xénero ademais do manifesto institucional do concello. Ademais destas actividades celebradas onte, o CIM tamén organizaou unha exposición no mercado de Cee e coordinou o reparto de bolsas de papel cunha mensaxe de rexeitamento á violencia. No IES Agra Raíces Cadea humana no IES Agra Raices Cadea humana no IES Agra Raices O IES Agra de Raíces quere unha saída, un compromiso á non violencia, é por isto que seguindo o lema, Existe unha saída, úneste?? puxo en marcha varias actividades que se desenvolveron no Día Internacional en contra da violencia de xénero. A actividade central, coa que conseguiron reunir a toda comunidade educativa foi organizada polo alumnado de 4º axudados pola vicedirectora, titores, profesores, membros dos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega. Os primeiros protagonistas foron os alumnos/as de 4º ESO: colocaron un feixe de guantes morados enriba dunha mesa e eles mesmos, de un en un, achegándose á mesa dos guantes colocábano na man dereita dicindo "Únome" para ir enganchándose nunha cadea humana polo patio. Con isto buscábase a participación de toda a comunidade educativa dun xeito inmediato sen previo aviso, procurábase que todo o mundo se achegase de forma activa á unión da cadea humana para facela o máis grande posible cos guantes morados e animando a unirse. Conseguiron unha gran cadea na que ao mesmo tempo, alumnado de 1º Bach (materia de Debuxo Artístico) realizou unha actividade baseada na reflexión e na igualdade de xéneros colocando bigotes e beizos para fotografar e traballar posteriormente na materia concluindo que as mozas colocan rapidamente o bigote pero os varón son menos receptivos á hora de colocar os beizos, punto de partida esta conclusión para traballar certos aspectos nas aulas. Mural Nin unha mais no Agra Raices Mural Nin unha mais no Agra Raices Non quedaron aí as accións do centro ceense. Dende a Biblioteca, os alumnos  lanzaron unha serie de globos morados atados a unha pomba branca indicando que biblioraíces tamén se une, que se compromete coa non violencia. Tamén se puxeron mans á obras do Normalización Lingüística, que realizaron lazos morados para repartir nas actividades e elaboraron un cartel esperanzador feito co alumnado onde se reflectía que nin unha máis!! E os de 4ª da ESO proxectaron un vídeo na entrada do instituto durante todo a mañá. Era este pequeno gif froito do vídeo está publicado na páxina web do centro. Unome Carballo   25N Carballo Máis de cen nenos e nenas do CRA Ponte participaron no contacontos "Querémonos ben"

Máis de cen nenos e nenas do colexio rural agrupado (CRA) Ponte da Pedra de Carballo asistiron onte a un contacontos no que aprender sobre igualdade e sobre comportamentos que eduquen en contra da violencia machista. Eduvia representou "Querémonos ben", unha historia adaptada para os máis cativos e cativas para facerlles reflexionar e entender que homes e mulleres poden facer as mesmas cousas e teñen os mesmos dereitos. O Centro Social de Berdillo acolleu esta cita que tamén contou coa presenza da concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, ademais da directora do CIM (Centro de Información á Muller) de Carballo, Nieves Castañón. En Carballo os actos contra a violencia de xénero continúan coa feira das Asociacións, unha cita que xa supera os dez anos de vida e que acolle stands cunha representación das principais entidades asociativas do municipio para amosar o traballo que desenvolven a prol dos servizos sociais e da defensa dos dereitos das mulleres. Este ano terá lugar no segundo andar do Mercado Municipal na mañá do domingo 29 de novembro. Vimianzo 25N Vimianzo O Concello de Vimianzo contra a violencia de xénero O concello de Vimianzo tamén di "Non" á violencia contra as mulleres. Deste xeito, o goberno vimiancés apoia a loita social que ten como obxectivo a eliminación da violencia contra a muller. Anima ás mulleres vítimas de violencia a buscar a axuda dos departamentos de Servizos Sociais, médicos de familia, forzas de seguridade, Cruz Vermella, ONGs,... Tendo en conta que as mudanzas na lexislación son fundamentais para erradicar a violencia contra as mulleres no vindeiro Pleno presentarase unha moción relativa ás políticas de prevención e tratamento da violencia machista, instando á modificación das leis de apoio ás vítimas en diversos aspectos que melloren a definición e as medidas de apoio e á Xunta de Galicia para que mellore os servizos de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres. A sensibilización da sociedade para facer visíbel este tipo de violencia tamén é fundamental. Con este obxectivo o vindeiro xoves 3 de decembro, a exdirectora xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Ana Luisa Bouza, ofrecerá unha charla aberta a todos os públicos. Mazaricos 25N Mazaricos Mazaricos protestou onte contra a violencia de xénero cunha manifestación que tivo lugar diante da casa do concello e durante a  cal se prendiu unha vela por cada unha das víctimas que morreron polos maltratos.   Ponteceso 25N Ponteceso Imaxe: Cris no País das Marabillas Pares de zapatos vermellos na praza do Recheo de Ponteceso Imaxe: Cris no País das Marabillas En Ponteceso tamén recordaron a cada unha das víctimas da violencia machista deste ano e fixérono dun xeito singular. Despois de realizar unha marcha polas rúas da vila, remataron na praza do Recheo onde expuxeron un par de zapatos vermellos por cada víctima. Apadex25N Aspadex   A violencia de xénero foi a protagonista dos traballos realizados onte polos usuarios e usuarias do centro de día Aspadex. Camariñas 25N Camariñas   Máis de 200 nenos e nenas dos centros educativos do concello de Camariñas participaron onte nas actividades de loita contra a violencia de xénero. Ao longo da mañá fixeron unha pegada de carteis pola vila e previamente unha alumna de cada centro leu un párrafo do manifesto esperanzador en pro da eliminación da violencia de xénero. A xornada rematou coa visualización de dúas curtametraxes sobre esta temática realizadas tamén polo alumnado doutros centros.   Cruz Vermella Vimianzo 25N Cruz vermella Os voluntarios e voluntarias da Cruz Vermella de Vimianzo contribuiron á loita contra a violencia de xénero cunha xornada de sensibilización que se levou a cabo no IES Pedra da Aguia, na Ponte do Porto e na que participaron rapaces e rapazas de 2º da ESO. Deputación Ampliando o ámbito xeográfico, a Deputación da Coruña conseguiu involucrar ao alumnado, nais, pais, comercios.... da Serra de Outes  na gravación da curtametraxe “Convidados de pedra”, un traballo contra a violencia de xénero que onte se presentou no IES Puga Ramón da Coruña.  

Éxito do lipdub de Malpcia

En só 24 horas Malpica batía todas as marcas co vídeo contra a violencia de xénero: case 10.000 persoas visualizaron a publicación en Facebook, 162 compartírono e máis de 2.000 reproducírono en YouTube. Espectaculares cifras que non serían posibles sin a implicación de veciñas, veciños, escolares e entidades de todo tipo que quixeron axudarnos a difundir o rexeitamento da sociedade malpicá a todo tipo de violencia contra as mulleres. Xa levan máis de 3.000 en apenas 24 horas...
Novas relacionadas Fonte   

Comentarios