O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual
Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista
Pechou Camariñas unha completísima semana de actos na Costa da Morte en contra da Violencia de Xénero. Fíxoo cunha Manifestación de todo o ensino de Camariñas durante a mañá do pasado luns 27 de novembro, no marco da Campaña "En negro contra as violencias machistas”.
O alumnado e profesorado dos CEIP de Camariñas e Ponte do Porto e do IES Pedra de Aguia, participaron nun acto no que se proxectaron vídeos elaborados polo alumnado 6º do CEIP Ponte do Porto e do grupo da biblioteca do IES Pedra da Aguia. Ademais léronse dous poemas de Alba Canosa, “Valentía” e “Sentidos”, e o manifesto “Camariñas contra a violencia de xénero”.
Finalmente, proxectouse un vídeo coas empresas e establecementos de Camariñas que participaron na campaña “Camariñas en Negro”.
Concentracion do ensino de Camarinas contra a Violencia machista
Estes foron os vídeos proxectados:
Que Nadie - CEIP Ponte do Porto
Contra Violencia - IES Pedra da Aguia
Establecementos Camariñas en Negro
Manifesto do ensino camariñán polo 25N
Hoxe, día 27 de novembro dende o noso Concello xunto cos centros educativos queremos manifestar o noso compromiso en contra da violencia de xénero, e para elo xuntámonos hoxe aquí, no noso Concello, Camariñas, para expresar as nosas ideas e pensamentos.
Hoxe, a través deste manifesto e do reparto pola nosa vila de carteis, postais, pegatinas e camisetas expresamos o nosa repulsa a todo tipo de violencia, queremos sumarnos ás voces que dende todo o planeta condenan á violencia contra a muller e pedimos un compromiso forte e claro para facer fronte a esta lacra social.
Nós queremos dicirlles as persoas agresoras que non teñen cabida na nosa sociedade, que o que queremos é respecto e igualdade de oportunidades.
Todas e todos queremos ofrecer o noso apoio as persoas que sufriron ou están a sufrir este tipo de violencia, ofrecendo o noso compromiso de loitar contra esta lacra social. Todas as persoas debemos plantarlle cara á violencia machista CON TOLERANCIA CERO.
Coa esperanza de que este sexa o último 25 de Novembro queremos lembrar que os malos tratos non se xustifican, e so merecen o desprezo da sociedade.
Por isto hoxe dicimos:
- Mulleres e homes somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes.
- As nenas e os nenos, rapazas e rapaces que son vítimas da violencia de xénero SEMPRE TERÁN secuelas irreversibles.
- A violencia de xénero é a máxima expresión da desigualdade entre mulleres e homes e a peor das humillacións, acabar con ela é o noso DEBER e COMPROMISO. É un reto realista e esperanzador.
- A sociedade ten a obriga de non permanecer en silencio, nin mirar a outro lado ante esta inxustiza.
Gustaríanos rematar co desexo de que no futuro non haxa ningún motivo para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Moitas grazas.
Novas relacionadas
- Repaso ao 25N-2017: A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas.
Novas relacionadas
- Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero.
- 10-11-17: 15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana.
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)