Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG en Camariñas critica o horario na guardería municipal

O BNG en Camariñas critica o horario na guardería municipal
Os nacionalistas veñen de amosar, nun comunicado, o seu malestar pola "ausencia de horario na gardería para a conciliación e o desinterese por parte da alcaldía para estudar propostas alternativas". Segundo os nacionalistas na vila do Encaixe, "Despois de que a Xunta de Galicia anunciara medidas tendentes a conciliación, vemos que siguen sen aplicar ningún tipo de medidas, e unha vez máis os anuncios da xunta neste tema queda en mera propaganda. En Camariñas as familias na que os seus membros queiran conciliar e adaptar os horarios da gardería coa sua xornada laboral, vense imposibilitados pola falla de flexibilidade nos horarios que existe neste tipo de centros dependentes da xunta de Galiza, así como pola falla de oferta de prazas axeitadas as familias do noso Concello". O partido frentista, ademais, afirma que "Recentemente algunas familias pediron a alcaldía que estudara posibles saídas a esta situación, o alcalde e a tenente de alcalde nin siquera se dignaron a respostar por este asunto, como si o tema non fose con eles nin coa atención que deben de ter os gobernantes para cos veciños e veciñas".  Desde o BNG "esiximos que o Concello presione a Xunta de Galicia para que haxa turnos de gardería acorde as necesidades dos/as veciños/as e estude posibles vías para que os/as Camariñáns poidan conciliar o traballo coas suas responsabilidades familiares". "É importante", lembran os nacionalistas, "priorizar este tipo de cuestión para que poidamos vivir plenamente no rural sin ningún atranco e sin que abandonemos o noso Concello pola imposibilidade de compaxinar familia e traballo".

Comentarios