O Cabo Vilán déixase pintar
Impresionante o éxito do II Certamen de Pintura ao aire libre "Cabo Vilán”. Parece que estas propostas serven, e moito, para promocionar a nosa zona a través da arte, i é que o noso patrimonio natural déixase retratar de marabilla. Foron 45 artistas, de gran nival, os que presentaron as súas obras, tras pasar a mañá do domingo retratando o entorno do cabo camariñán, un dos emblemas da Costa da Morte.
Durante todo o día, centos de curiosos achegáronse ás proximidades do Cabo para poder contemplar a destreza dos artistas cos pinceles e apreciar ao final da xornada as obras finalizadas e a entrega de premios. Non entraba a xente pola tarde dentro do faro para ver a entrega de premios, noutra demostración do potencial que ten o certame.
O primeiro premio marchou para Leioa, Bizkaia, pois a mellor obra foi a de Piedad Santamaría Pascual. O seu veciño Julio Gómez Mena levou o terceiro premio, por detrás de Raúl Gil Bures (Taragoña - Rianxo), que se fixo co 2º premio.
Houbo mencións especiais para Paco Casal Castro (Aguiño - Ribeira), Isabell Seidel (Amoeiro - Ourense) e Samuel Fernández Armas (Avilés - Asturias). E un premio especial polos 130 anos de Industrias Cerdeimar para Diego M. Fernández González "Columé”.
A procedencia de todos estes gañadores dá conta do potencial destas citas pintorescas.
Novas relacionadas
- Ponteceso crece a golpe de acuarela co II Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Empresarios de Camariñas.