Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica volve á carga con mobilizacións e non descarta a folga

O Comité de Ferroatlántica volve á carga con mobilizacións e non descarta a folga
O Comité de Ferroatlántica convoca novas mobilizacións como as levadas a cabo as pasadas semanas diante do Concello de Cee, como a que vemos na imaxe de Rafa Quintáns O Comité de Ferroatlántica convoca novas mobilizacións como as levadas a cabo as pasadas semanas diante do Concello de Cee, como a que vemos na imaxe de Rafa Quintáns

Apenas unha semana de calma tivo o Comité de Ferroatlántica tralo encerro do pasado novembro. Pon xa en marcha un novo calendario de mobilizacións, desta volta co foco posto na empresa, esixindo a Ferroatlántica que “desista nas súas pretensións de vender as centrais hidroeléctricas, unha vez que a Xunta adquiriu o compromiso de desautorizar a operación, no caso de que se solicite a venda por parte da compañía”.
Unha campaña de protestas que non descarta aa convocatoria de folga, no caso de que a empresa presente o preacordo de venda das centrais na Xunta.

De feito, a primeira destas mobilizacións xa tivo lugar o pasado venres diante da Casa da Cultura do Concello de Mazaricos, con motivo da celebración da gala anual dos Premios Nordés, patrocinados por Ferroatlántica. A decisión de levar as protesta a este acto é unha resposta "á actitude de coaccións e manipulación exercida contra as entidades e asociacións da comarca, que recibiron algún tipo de axuda ou subvención por parte da empresa”. Un cento de persoas secundaron unha concentración moi respectuosa, en todo caso, coa organización e o Concello mazaricán.

Marcha a pé reivindicativa

E xa hai data para unha e mediática mobilización. Será unha marcha a pé, que recordará aquela realizada polo Monte Pindo, que sairá este xoves 8 de decembro, ás 10:00 horas, da fábrica de Brens ata a central do Ézaro e que rematará cunha concentración ás 13:00 horas en protesta contra a decisión empresarial da venda das centrais. No acto despregarase unha faixa na fervenza coa consigna "o río é noso e non de Villar Mir”.

Xunto a isto, os venres 16, 23 e 30 de decembro faranse concentracións ás 18:30 horas diante da fábrica de Brens.

Acordo en toda Europa

O Comité vai levar o manifesto asinado polos Comité de Cee-Dumbría e Sabón) ao Pleno do Comité Europeo de Ferroatlántica, que ten previsto reunirse o vindeiro 14 de decembro, para que o asuman todos os Comités europeos da empresa.

 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios