O Grupo Socialista de Camariñas pecha filas con Pichurri ante as reiteradas críticas da oposición
Continúa tensa a situación política de Camariñas, mentres o inhabilitado alcalde non toma ningunha decisión. Co seu grupo pechando filas en torno a el, os grupos de BNG e PP continúan sinalanado a gravidade do momento e esixindo a súa dimisión.
Desta volta, o PP chega a dicir que mesmo “Camariñas ten tras 34 anos ed goberno socialista un alcalde que non pertence ao PSOE”, e critica que “os concelleiros do PSOE de Camariñas manteñen no cargo a unha persoa senteciada por prevaricación por un xuiz e apartado do seu cargo pola secretaria do Concello”. Así piden “ao señor Valeriano que intente limpiar a súa imaxe (si é que pode) dende a súa casa sin entorpecer a labor administrativa ou pode que esta liña o leve a él e os demais concelleiros do PSOE a mais problemas xudiciais dos que él sería o responsable, como o é de todo o que lle está a ocorrer por non respectar a lei. Pense no seu pobo e deixe de pensar só en vostede. Deixe de culpar os demais dos seus erros e asuma a súa responsabilidade en vez de cargar os demais das súas faltas”.
Apoio do Grupo Socialista local
Mentres, o Grupo Municipal Socialista sae á voz pública para ratificar o seu “total e absoluto apoio de tódolos membros do Grupo Municipal Socialista sen excepción”. Aseguran respectar informe da Secretaria pero se limitan a dicir que “é a opinión xurídica dunha funcionaria” e que contan con “informes radicalmente disKntos e que nos parecen mais acaídos á situación do noso compañeiro Pichurri, máximo tendo en conta que non existe xurisprudencia clara sobre a aplicación dunha lei pensada para perseguir a terroristas”.
Explican que o proceso de recurso impide dimitir ao alcalde. “Que ocorrería, si como agardamos, os tribunais fallan favorablemente o recurso presentado?“.
Ademais, critican á oposición lamentando que o PP siga “intentando xudicializar a vida política municipal”, e que “o BNG non teña mais escaparate en Camariñas que a unha persoa da catadura política, moral e intelectual da Sra. Ilva Carril, colaboradora necesaria do PP”.
Rematan o comunicado amosando “a nosa plena confianza na inocencia do noso compañeiro Pichurri, na súa honradez e no seu compromiso ideolóxico co ParKdo Socialista e os seus valores. E non estamos solos, como así o testemuñan os centos de persoas que se concentraron na praza do concello non fai tantos días”.
Novas relacionadas
- 08-06-17: O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri.
- 29-05-17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- 25-05-17: Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri.
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).