O mar sempre devolve o que non é seu, tamén en Xaviña
De novo, o vento e as ondas do mar, na súa dinámica incansable, téñen amoreado, neste último ano, unha chea de lixo plástico no fondo da ría de Camariñas. "O mar sempre devolve aquelo que non é seu", valora un Xosé Manuel Barros, que non cansa de contar verdades incómodas.
O coodirador da asociación Mar de Fábula xunto coa Agrupación de Mariscadoras de Camariñas e contando co respaldo loxístico do Concello, fan un chamamento a todas as persoas dispostas a colaborar na recollida e retirada do lixo mariño espallado ao longo da enseada da Basa, Camariñas.
Mar de Fabula e Mariscadoras de Camariñas limpando a ensenada da Basa o ano pasadoPor segundo ano consecutivo, o colectivo de mariscadoras de Camariñas, nun exercicio de responsabilidade e de posta en valor dos recursos naturais da zona, toman a iniciativa de coidar tamén polos aspectos estéticos e paisaxísticos do seu eido de traballo, mellorando desta maneira a calidade ambiental de todo o fondo da ría , reforzando a súa imaxe de compromiso coa defensa do medioambiente e incorporando un valor engadido ao resultado do seu esforzo cotián. Manter saneado e limpo o patrimonio natural é condición imprescindible para manter en pé o edificio da cultura e autoestima dun país.
Todo o mundo que queira, poderá botar unha man, este sábado sábado, 11 xuño, ás 10:00 horas, partido do Aparcadoiro bar-parrillada “O Rojo”, Xaviña (a 5 kms da saída da Ponte do Porto dirección Camariñas).
Artigos de Xosé Manuel Barros
Novas relacionadas- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- As mariscadoras de Camariñas fan unha demostración de responsabilidade
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula