O Rebumbio da Costa comezará a faserse oír con concertos en Camariñas e Corcubión

Presentabamos en sociedade hai un par de semanas a “Rebumbio na Costa Asosiación Cultural”. Unha proposta que nace para que a música, feita na Costa da Morte, volva soar nas salas da volta, e para seguir loitando contra a ditadura da verbena.

E xa teñen data para os concertos de presentación. Se ben aínda falta algunha confirmación, os primeiros concertos serán o sábado 8 de marzo en Aldea Madeira, Camariñas; e o sábado 22 de marzo na Cola da Rá de Corcubión.

Será un bo momento para, ademais de escoitar a música da zona, tomar nota de todas as actividades que están a propoñer dende a asociación, que arrincarán no mes de abril con clases de técnica, un club para cativos, talleres, ou mesmo master class. De feito xa invitan a facerse socio para poder disfrutar das súas propostas e botar unha man para sacar adiante a entidade.

Concertos de presentación

A primeira posta en escena da asociación será o sábado 8 de marzo, en pleno enterro dos entroidos, e se fará a partir das 23:00h nas esquecidas e recuperadas para a ocasión instalacións de Aldea Madeira. Estará o Leö Kch co seu rap costeiro, acompañado por Dj Kras. Estará tamén o grupo santiagués Tungsteno e os sarrianos Licor Café Rock Band.
Para a cita do sábado 22 de marzo en Corcubión, teremos a "Patxaranga", banda formada por varios grupos do coruñés rumbeiro Chotokoeu, acompañados dos "Duendes Escapaos" emais "The Fe Kaos".

Actividades

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).