Venres. 26.04.2024
El tiempo

Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo

Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo

Rap costeiro e comprometido. Así podemos definir a proposta musical de Leö Kch, este rapaz de Camiños Chans, en Brens, Cee, que leva varios anos detrás do micro berrando en silencio contra as inxustizas.

Precisamente así se chama o seu último traballo, "Gritos en silencio", editado este mesmo ano. Xa puidemos escoitar a intro, e hoxe coñecemos outro corte do album, "El que quiera", gracias a un vídeo realizado por Roi DaSaraiba.

Ademais é un vídeo realizado estes mesmos días, no queimado Pedregal do Monte Pindo, un gran símbolo de protesta, de loita. O tema xa apunta ademais ao final un berro de reivindicación polo Monte Pindo Parque Natural.

Facemos noso o teu berro Leo!

Gritos en Silencio

Xa podedes darvos un paseo pola comarca de Fisterra que de seguro atopades algún lugar onde mercar o seu último disco "Gritos en Silencio". Moitos bares da zona contan cos cd nas súas estanterías como puntos de venta.

LeoKch saca novo disco Gritos en silencio

Novas relacionadas

Fonte

Video LeoKCH El que quiera

Comentarios