Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo para solicitar actuacións na Rede Cultural da Deputación

Aberto o prazo para solicitar actuacións na Rede Cultural da Deputación
rede cultural deputacion

Clave son estas axudas para o devir das festas estivais na Costa da Morte Hoxe sae publicado no BOP o prazo de apertura da Rede Cultural da Deputación, para que as asociacións e concellos soliciten actuacións. Estará aberto do 7 ao 26 de febreiro ambos incluídos.

Este ano hai un total de 1715 espectáculos admitidos entre todas as categorías. Coma sempre poden consultarse na web dicoruna.es no apartado de Rede Cultural, onde estarán mañá os impresos de solicitude tamén. A solicitude é "artesanal", papel e rexistro.

Unha boa ocasión para que grupos da zona actúen nas festas da zona. Busquen un grupo veciño!

Achegas provinciais para as actuacións

A Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os de entre 5.001 e 15.000, a porcentaxe achegará o 50%, mentres que nos concellos de máis de 15.000 habitantes a Deputación asumirá ata o 40% do orzamento total.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

Máis información

Fonte

  • Deputación.

Comentarios