Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un Rebumbio para dinamizar a música na Costa da Morte

Un Rebumbio para dinamizar a música na Costa da Morte
Rebumbio na Costa da Morte

Poucas son as salas que na Costa da Morte traballan o concepto concerto. I é que o inverno é moi, moi longo. E cos apenas 12 festivais da Axenda Sonora da Costa da Morte non chega para saciar a sede de música dos milleiros de amantes do guitarreo.

E precisamente para iso, para saciar esa sede e que poidamos ver máis concertos na bisbarra, nace "Rebumbio na Costa Asosiación Cultural". Nace tamén co obxectivo de impartir clases de diversos ámbitos cun profesorado voluntario e promover a música e as artes con concertos talleres. Fomentando a creación, vaia.

Xa están armando unha escola, e pensan nunha lista de concertos periódicos, jam sessions, exposicións, etc... que sirva para seguir loitando contra a ditadura da verbena.

A posta en escea aínda non ten data, pero si idea. Un "festivaliño xeitoso" para dar a coñecer a asociación con grupos que participen voluntariamente, que prantexan para os vindeiros meses. E bandas costeiras sabemos que hai e moitas.

Xa teñen ubicacións posibles, como aproveitar as fantásticas (e en desuso) instalacións de Aldea Madeira, en Camariñas, coa intención de facer unha especie de xita por toda a bisbarra, contando por exemplo coa Capela de corcubión, e outros emprazamentos semellantes.

Así que se vos gusta a música, non dubidedes en poñer o voso gran de area neste proxecto colaborativo.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios