Venres. 18.10.2019
El tiempo

O Serpent recibirá unha nova homenaxe no mesmo lugar do naufraxio

O Serpent recibirá unha nova homenaxe no mesmo lugar do naufraxio

Van 121 anos dende o afundimento do Serpent. E xa van 4 dende dous románticos comezaron esta emotiva e simbólica homenaxe. Hoxe, xoves 10 de novembro de 2011, o que xa é unha grande representación do mundo do mar en Galicia, achegarase ao mesmísimo Cemiterio dos Ingleses para homenaxear aos 175 tripulantes (incluídos os 3 sobrevivientes) que perderon a súa vida no naufraxio do Serpent. Unha homenaxe que se rende o mesmo día á mesma hora (22:00h)e no mesmo sitio terá lugar, só que 121 anos despois.

De novo, haberá unha entrega floral no Cemiterio dos Ingleses realizada por José Manuel Pato González, delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, acompañado polo alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León e Juan Campos, escritor.

Se o ano pasado a sesión estivo amenizada polo Coro de Mulleres de Camariñas e polo violín da nova Pankrátova, este ano o deseñador Antonio Pernas Sabio, un asiduo destas citas, interpretará unha peza ao acordeón. "Sinxelo pero emotivo e por suposto aberto a todos os cidadáns que desexen participar entregando uns minutos ao recordo dos que pereceron neste naufraxio".

Aquí vos deixamos un vídeo da homenaxe do ano pasado, que dá conta do misticismo da cita:

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios