O temporal Nadja na Costa da Morte, todo un espectáculo

Desta volta. Apareceu Lorenzo e todo, e permitiu poder disfrutar dun temporal de mar. Desta volta, chamáronlle temporal "Nadja", e se convertiu en todo un espectáculo que deberiamos aprender a vender para desestacionalizar o turismo. I é que as estampas das ondas que rondaron os 10 metros (semellantes ás ondas de marca do pasado día de Reis) toda a fin de semana xuntaron a centos de persoas que disfrutaron a gran forza do Atlántico.
Realmente non sabemos os datos concretos da altura das ondas, pois a boia do Cabo Vilán, como nos contan os compañeiros de 4gotas, non vai... Pero por Bares se superaron os 11 metros...

Zonas como Malpica ou Muxía foron as que viviron o mar de fondo máis espectacular. Un Mar de fondo que provocou cambios na fisionomía de boa parte da Costa, deixando sen practicamente area praias como a do Rostro en Fisterra, a de Canido en Malpica, e enchéndoas de bolos.

Danos materiais

Desafortunadamente si que houbo que lamentar algúns danos, pero só materiais. En Camariñas, por exemplo, varias casetas de pescadores da zona de Arou e Santa Mariña quedaron arrasadas. As paredes de ladrillo quedaron esfoladas pola forza do mar e as nasas acabaron invadindo os paseos. Moitas lanchas quedaron tamén destrozadas.
Ademais, varias casas da zona, de Arou e Camelle, foron anegadas pola mar. E a que tamén sufríu foi a gabarra Prima, que segue aí, esperando que alguén a rescate ou que o mar a convirta en crebas...

Tamén en Muxía, o valado de madeira da praia da Cruz, xusto á entrada da vila, quedou totalmente esnaquizada.

Importantes destrozos tamén sufriu o paseo marítimo de Malpica e o de Barizo, que quedou cortado durante boa parte do día.

En Corme, o pantalán quedou sen entrada...

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).