Venres. 05.06.2020
El tiempo

O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros

O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros
Labores de despece da balea no porto de Muros-Foto-CEMMA

Xa a vimos varada na praia do Seixal, en Tal. Pero é que as labouras de despece da balea de máis de 20 metros que aparecía nas augas da ría de Muros levou o seu traballo. Os técnicos da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños CEMMA cóntannos como foron estes arduos traballos, do exemplar, varado, máis grande que nunca viran os expertos galegos.

Foi durante a mañá do mércores cando expertos motoserristas de Porto do Son, que xa teñen participado en varias retiradas de baleas (coma a do 2011 tamén en Muros), desenvolveron as labores de despece. Os biólogos da CEMMA aproveitaron paara recoller mostras, e confirmaron a presenza de parásitos externos e internos, mais son habituais nos grandes cetáceos.

Agora vemos a análise completa, pero como Conclusión, o CEMMA considera que "a a balea buscou adentrarse na ría como refuxio e fuxindo da forza do mar da semana pasada, nesa situación o animal reduce o sufrimento. Pero as malas condicións físicas do animal non lle permitiron sobrevivir e volver a saír ao mar".

Valoración do peso

ballena varada de muros-cemma

O peso efectivo da balea foi de 24.760 kg na planta de Gesuga, polo que se estima un peso real entre 25,5 e 26 toneladas, en base aos líquidos perdidos. Considerando un peso moi baixo para un exemplar de case 20 metros. Nun principio os técnicos estimaron un peso teórico para un exemplar dese tamaño de entre 37-40 toneladas, en base ás táboas de lonxitudes e pesos e a experiencia doutros casos, por poñer un exemplo a balea retirada no mesmo porto de Muros hai dous anos, con 17,5 metros pesou 31 toneladas. Ese foi o dato de referencia para as operacións de retirada do exemplar.

A balea enferma

O presidente da CEMMA Jose Cedeira recolle mostras no interior da boca da

O baixo peso da balea é un claro indicio dunha saúde deficiente. Esta situación pode vir dada por un parto recente en latitudes baixas, durante esta etapa pode que o exemplar non se alimente ata que alcanza as altas latitudes ricas en crustáceos, mais tamén pode ser ocasionado por un proceso de enfermidade.

Aínda que non se atopou a causa exacta da morte, a propia descomposición do animal vai ocultando todos eses indicios, os biólogos observaron que o dixestivo estaba valeiro, claro indicio de non terse alimentado nalgún tempo, e o fígado estaba máis deteriorado que o que correspondería a un exemplar de entre 4 a 6 días morto. Estímase ese tempo en base aos testemuños de mariñeiros que indicaron ter observado ao exemplar aínda con vida entre o martes e o xoves da semana pasada dentro da ría, o último avistamento foi dirixíndose á boca da ría, lugar onde foi atopado na mañá do domingo.

Un camion levou os restos -Foto-CEMMA

Outras baleas vivas

Teñen acontecido outros casos de baleas vivas que se achegan a costa galega, como o caso dunha balea que chegou a Ponte do Porto en Muxía, no ano 1993 ou máis recentemente unha balea que varou viva no Niño do Corvo en Ponteceso no ano 2004. Nestes casos a sintomatoloxía foi semellante, aínda que no primeiro caso o animal tiña o estómago cheo de plásticos, o que acelerou o proceso dexenerativo da súa saúde.

A Rede de Varamentos de Galicia

A posta en marcha da "Rede de Varamentos de Galicia" foi posible coa fundación no ano 1990 da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), actualmente a rede está xestionada por esta entidade a través a colaboración mantida coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Rural, dende o ano 1999.

As Unidades Móbiles da CEMMA manteñen unha atención permanente dos avisos de varamentos para o caso de asistencia inmediata fronte a calquera eventualidade. Para iso conta co número activo 24 h 686 98 90 08 e coa conexión directa co teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia.

Agradecementos

A CEMMA quere agradecer ás entidades participantes, dende a coordinación da Consellería de Medio Ambiente, Salvamento Marítimo, Protección Civil, SOS Galicia, Concello de Muros, GES de Muros, e os departamentos da Xunta de Calidade Ambiental e Conservación da Natureza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños CEMMA

comentarios