Sábado. 25.01.2020
El tiempo

A foca Nariga volve ao Gran Sol

A foca Nariga volve ao Gran Sol

Xa están en marcha á súa casa. A foca Nariga, atopada en febreiro nas rochas do cabo malpicán, xa vai directa ao Gran Sol, nas costas irlandesas, tras pasar máis de dous meses de recuperación no centro da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA).

Nariga montaba onte na caixa de bimbio especialmente deseñada polos cesteiros de Vigo para o transporte de lobos mariños. E a bordo do barco Susa I, dende Marín, viaxa para ser liberado no seu hábitat.

Remata así o periplo de Nariga por Galicia. Tras aparecer en moi mal estado, con síntomas de fatiga e de mala alimentación, estivo na UCI ferrolá e no acuiario do Grove, recuperando máis de 10 quilos e toda a forza para desenvolverse e cazar por si mesmo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios