Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación
07:11 25/11/16
Imaxe da Concentración diaria de onte, 24 de novembro, ás portas do Concello de Cee
Viñeta de Hermanger Humor sobre o asunto en cuestión
É hoxe venres 25 cando o Presidente da Xunta recibirá aos alcaldes da comarca, como a href=/pequeno-a-dia-de-hoxe-creo-que-feijoo-non-vai-deixar-abandonada-a-costa-da-morte/>recordaba onte José Manuel Pequeño. Non así aos membros do Comité que seguen esperando unha xuntanza co Presidente malia que este se remite á reunión mantida co Conselleiro de Industria.
Ademais, o Comité, que a pasada tarde de xoves celebraba a 4º concentración diaria (ás 18:30h) ás portas do Concello de Cee, vén de analizar polo miúdo a moción aprobada no Parlamento Galego unicamente apoiada polo PP. Unha moción que rompe o consenso acadado en febreiro sobre o asunto entre todas as forzas políticas e que cambia “compromisos” por “informes”.
Así o Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría uniuse ao Comité de Sabón para manifestar a súa “oposición frontal a este proceso de venda e segregación”. Ambos Comités enviaron un comunicado ao que vén de adherirse os traballadores de RAMSA, outra sociedade do Grupo FerroAtlántica que se encarga da explotación da mina de Serrabal (situada entre os Concellos de Vedra e Boqueixón). Segundo as propias afirmacións da empresa, a mina de Serrabal "é unha das explotacións máis importantes no mundo" debido ao volume de reservas e á calidade do cuarzo que dela se extrae. A explotación destes recursos naturais e as axudas recibidas dende o IGAPE e outros organismos públicos facilitaron a FerroAtlántica a consecución do proxecto FerroSolar.
O comunicado conxunto recorda que a empresa do Grupo Villar Mir “explota recursos naturais de Galicia, beneficiándose de concesións públicas supeditadas ó mantemento e xeración de postos de traballo”. Lembran tamén que “as actividaeds de xeración de enerxía eléctrica e de fabricación de ferroaliaxes forman unha unidade produtiva única”, e que “a vinculación de ditas actividade é unha obriga legal imposta pola Xunta e ratificada polo TSXG o 9 de maio de 1996 e polo Tribunal Supremo o 18 de outubro de 2001”.
Agradecendo a Declaración Institucional en contra da segregación aprobada nos concellos da comarca e na Deputación da Coruña, así como a proposición non de lei aprobada no Parlamento, os Comités esixen “á Xunta que asuma as súas responsabilidades e competencias como goberno, respectando o marco legal e non permita unha posible segregación das actividades produtovas e de xeración de enerxía”. Reiteran a petición de ser recibidos polo Presidente da Xunta, ao tempo que demandan da Presidencia da empresa que “poña fin ás intencións de venda das Centrais Hidroeléctricas de Galicia, e que se ateña á legalidade vixente, e que ademais de forma rotunda cumpla co anunciado o pasado 19 de setembro de 2016, en canto a construción dunha nova plana en Sabón para a fabricación de silicio solar”.
Reunión co PP
E "por fin", como recoñeden dende o Comité, os representantes do PP de Cee, Dumbría, Fisterra, Camariñas, Muxía e Corcubión, con Zaira Rodríguez, e o deputado autonómico, Aurelio Núñez á cabeza, apareceron para manter a pasada tarde unha reunión cos traballadores que están encerrados no Concello de Cee. Os populares, que recoñecen a "importancia" de manter os máis de 400 postos de traballo do "auténtico motor da bisbarra" Os representantes costeiros trasladaron aos traballadores o compromiso adquirido por Alberto Núñez Feijóo de que o goberno galego "ía cumprir a lei". Pola contra, dende o Comité lamentan que o PP comarcal se limitase a ratificar as palabras de Feijoo, que "xeran máis incerteza", cando esperaban que puidesen arrincar do presidente unha declaración clara que "non vai autorizar a venda". Entende o Comité que esperar a que a empresa presente o preacordo obrigaraa a acodir á vía xudicial. Ademais, o Comité lamenta que o PP nin sinale na súa nota de prensa a petición do Comité para ser recibidos polo Presidente.Artigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])