Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños de Camariñas recollen firmas para esixir os servizos de transporte público

Os veciños de Camariñas recollen firmas para esixir os servizos de transporte público
Autobus de Monbus na costa da Morte Monbús é unha das empresas adxudicatarias do servizo de transporte público Volve a saltar á palestra o eterno problema que ten a Costa da Morte co transporte público. Agora son os veciños e veciñas de Camariñas os que se movilizan para esixir que se cumpran os termos acordados na concesión do servizo despois da segregación da compañía Arriva. Así, abriron unha recollida de firmas que presentarán ante a consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia. Un veciña de Camariñas que participa nesta campaña - María Jesús Freire - asegura que non só resulta inviable desprazarse até A Coruña ou Santiago cunha frecuencia diaria senon que tamén é imposible facelo entre as distintas localidades da Costa da Morte. "Ir ao médico ao hospital Virxe da Xunqueira implica ter que saír a primeira hora da mañá de Camariñas e, no caso de que a cita non sexa antes das 12, ter que quedar para a tarde en Cee, botar alí un día completo, polo que ao final tes que ir en taxi. Pero ir á Coruña ou Santiago é aínda peor, porque á volta o bus vai para Fisterra, non a Camariñas, e tes que quedar en Vimianzo”, asegura esta veciña. A empresa Antes de chegar a este punto, os veciños e veciñas de Camariñas xa fixeron chegar as súas queixas á empresa concesionaria da liña Camariñas - A Coruña. Segundo indican, a empresa respondeulles que non podía respetar os horarios acordados xa que non resultan viables. Tamén en agosto, o alcalde de Camariñas - Manuel V. Alonso - se reuniu co delegada territorial da Xunta de Galicia - Belén Docampo - para informala da situación. "O rexedor saeu decepcionado do encontro pola falta de interese mostrado pola Xunta para resolver este asunto", sinalan dende o concello de Camariñas. Os veciños e veciñas de Camariñas teñen claro que, en caso de non conseguir unha resposta á súa demanda, desprazaranse ata Santiago de Compostela para manifestarse ante a consellería. Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios