Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os veciños de Camelle vólcanse para que a familia de Tatiana teña unha casa

Os veciños de Camelle vólcanse para que a familia de Tatiana teña unha casa
Os vecinos de Camelle compraran esta casa para a familia de Tatiana e Jose Secundino Os vecinos de Camelle comprarán e rehabilitarán esta casa para a familia de Tatiana e Jose Secundino O mar e a Costa da Morte son protagonistas das historias máis tráxicas e ao tempo esperanzadoras do planeta. A familia de José Secundino era unha familia normal, moi querida na vila polo seu compromiso en cantidade de iniciativas. Unha desas familias que depende do mar. Uns meses veñen mellor que outros, pero sempre hai algo na mesa. Ese mar que sempre dá e que ás veces quita, e que desta volta deixou viuva a Tatiana Alves. O mar levou ao seu marido, José Secundino Suárez Suárez, que falecía dun infarto mentres durmía. Pero o mar deixa tamén un pouso de solidariedade en cada veciño camellán incontestable. Así se pode entender a resposta que está tendo a campaña solidaria que comezaba hai unhas semanas A Asociación de Veciños A Pergoliña para intentar conseguir cartos que sirvan para mercar en propiedade unha casiña para que Tatiana poida seguir mantendo á familia. I é que ca pensión que lle queda, faise imposible pagar a renda de aluguer cada mes e alimentar aos seus dous fillos e ao que vén en camiño. A incontestable potencia das redes sociais, a bondade de José Secundino e a súa familia, e a solidariedade costeira está facendo o resto para conseguir os 24.000€ que custa a casiña. Unha casiña que terá que ser ademais rehabilitada, pois está medio abandonada, pero para o que xa albaneis, fontaneiros e traballadores da construción de toda a volta se teñen posicionado como voluntarios para rehabilitala.Partido solidario no Rodeiro pola familia de Tatiana Mariñeiros da confraría cedendo marisco para unhas rifas. Establecimentos da zona como o Bar A Molinera ou a Panadería facendo actividades e forneando para doar. Lotarías solidarias. O mundo do fútbol da Costa cedendo o redacadado nas cantinas (nomeadamente o Castrelo; e os Camelle e Camariñas organizando ata un amistoso solidario. Unha festa e unha cea Solidaria. O Fisober FSF que celebrou unha xornada solidaria e entregou todos os alimentos recadados no Conco. Ou a cantidade de veciños comprometidos de toda a comarca e mesmo dende Suiza ingresando cartos na conta da Pergoliña… Son exemplos da marea de solidariedade que está estes días chamando a atención de medios de toda a península. Todo o mundo parece empeñado en demostrar que Camelle é unha gran capital da solidariedade, e nada mellor que un exemplo coma este para demostrar que cando a sociedade se une por unha causa concreta, é capaz de conseguir moitas cousas. Xa son 17.000€ xa recadados, e aínda quedan cartos pendentes de recoller das lotarías e demais. A Asociación de Veciños está completamtente desbordada, e tremendamente agradecida coa resposta da veciñanza, pero non sorprendida, porque por Camelle sabían que a solidariedade ten moita vida na Costa da Morte.

Un Festival máxico-solidario

Mentres, Marcs Baña e o Mago Deimi xa están preparando un Festival Benéfico para o 14 de xaneiro, para recadar fondos para a familia. Xa hai previstos un mago, unha maga, un ilusionista, un cantautor e varias sorpresas máis, das que iremos informando. Mentres, a conta solidaria segue aberta en Abanca a nombre da Asociación de Veciños A Pergoliña. Estes son os datos: - N° de conta ES 13 2080 0080553040008935 (O BIC é CAGLESMMXXX).  

Fonte

Comentarios