Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe

Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe

Continúa a campaña Galicia en color‐ Rede de reencontros 10 anos despois acadando apoios para que agradecemento a todos os voluntarios do Prestige da Costa da Morte sexa completo. E o pasado venres asinouse un convenio fundamental, entre o concello de Camariñas e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, para vencellar a XXII Mostra do Encaixe de Camariñas co proxectoGalicia en Color.

A edición XXII Mostra quedará pois adicada ao voluntariado do Prestige. A Mostra, que se celebrará do 4 ao 8 de abril, incluirá así unha invitación para xuntar a todos os voluntarios o día 5 de abril (xoves santo), nunha sesión especial para eles. Para os máis de 5.000 que limparon nas praias de Camariñas e para os centos de milleiros que o fixeron en toda o litoral galego.
O obxectivo será propiciar o intercambio de experiencias e recoñecer a súa labor solidaria. Os asistentes que se acrediten como voluntarios contarán cun pícnic e unha ruta polas praias de Camariñas nas que estivo presente a Marea Branca.
Ademais, as palilleiras de Camariñas elaborarán 500 lazos de colores, como símbolo do acordo, que APTCM distribuirá durante os días que dure a Mostra. “Co que se recade a entidade doaraos ao concello para que se faga un monumento aos voluntarios de Camariñas”, asegurou o presidente da APTCM Manuel Pan, que presidiu a rolda de prensa c alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso de León e a concelleira delegada da Mostra, Turismo e Comunicación, Sandra Ínsua.

O alcalde, Manuel Valeriano Alonso tamén informou de que haberá unha exposición fotográfica de Ana García, e de material inédito de Man, “poderase ver imaxes, debuxos e materiais cos que traballaba o Alemán de Camelle”.

Galicia en color

O proxecto “Galicia en Color” promovido pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, ten como obxectivo principal favorecer o reencontro dos voluntarios e voluntarias do Prestige, así como agradecer o seu traballo na limpeza das costas galegas. Neste senso o presidente da entidade, Manuel Pan asegurou que “é de máxima importancia colaborar entre as persoas, entidades e institucións para facer chegar con máis forza o noso agradecemento á Marea Branca”.
Pan explicou que esta é unha das primeiras iniciativas que se realizarán entre o proxecto e outras actividades de relevancia comarcal. Destaca a “importancia de que a Mostra do Encaixe se vincule directamente coa campaña e lle faga un recoñecemento á aquelas persoas que traballaron desinteresadamente para que hoxe o noso litoral estea repreto de color.” O presidente de APTCM quixo agradecer ao concello a súa implicación e as palilleiras o seu esforzo por contribuír coa creación “dun emblema inmellorable, como o é o lazo de colores de Encaixe de Camariñas”.

Unha Mostra histórica

“A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas é a primeira que comparte os seus esforzos co agradecemento por aqueles que fan máis con menos.” Así se referiu a concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua, á novidade que supón dedicar o evento ao voluntariado. A concelleira asegurou que “Ainda que o Encaixe de Camariñas se recoñece como único, a súa mostra, o seu escaparate ven sufrindo nos últimos anos unha redución considerable nos seus orzamentos.”

Segundo Insua, este ano cóntase con pouco máis de 100.000 euros, a metade do que había na mostra anterior. Con todo, a edil explicou que “debemos facer encaixe de bolillos para que a Mostra non só non perda a súa calidade, senón que ademais de mantela incorpore novidades ao seu programa e faga que un ano máis, supere as súas propias expectativas.”
Insua destacou a solidariedade das palilleiras de Camariñas, que quixeron doar para o proxecto máis de 170 lazos de colores. “Amosando así o seu agradecemento co voluntariado do Prestige e ao centenar de voluntarios e voluntarias que cada ano participan desinteresadamente na organización e execución da Mostra.” Despois da Mostra poderán pedir os lazos a través da rede.

O encaixe asaltará a rede

O rexedor camariñán salientou o traballo das palilleiras , e das persoas que fan que a mostra perdure no tempo. Insistiu na necesidade de reconversión do sector, “buscando novas canles de comercialización como o podería ser internet.”

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios