A Ponte do Porto acollerá a terceira reunión informativa sobre a campaña de concienciación para coidar o mar e a contorna natural
Tralas presentacións en Camariñas e en Camelle, o Centro Cultural da Ponte do Porto acolle este venres, 14 de novembro, ás 18 horas, a terceira reunión informativa ca campaña “Camariñas, a perla da limpeza ambiental da Costa da Morte”. Unha iniciativa concienciación ambiental coa que se pretende sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de non tirar nada ao mar e de protexer o medio mariño e o litoral do municipio, desenvolta polo Concello e a Asociación Mar de Fábula.
Ambas entidades buscan unha maior implicación e responsabilidade cidadá na xestión dos residuos e na conservación da contorna natural.
A campaña estrutúrase en varias accións divulgativas. En primeiro lugar, difundiuse un tríptico informativo en todos os domicilios do municipio, no que se recollen mensaxes e recomendacións sobre boas prácticas ambientais e o impacto que o lixo mariño ten sobre a fauna e os ecosistemas costeiros.
Ademais, celebraranse varias reunións informativas nas diferentes parroquias de Camariñas co obxectivo de explicar os obxectivos da campaña e recoller as opinións e propostas da veciñanza. A primeira tivo lugar o pasado venres 10 de outubro na Casa de Pedra, a segunda foi no Museo Man e, despois da da Ponte do Porto, rematarase en Xaviña. A data serán confirmadas con suficiente antelación.

