Oswaldo Digón leva as súas risas a Camariñas

12:58 01/10/20
Continúa medrando a #AxendaCostadaMorte. Este sábado 3 de outubro toca recobrar a normalidade cultural en Camariñas. A Casa de Pedra acolle, a partir das 21:00h, o monólogo "Anecdoloxía" de Oswaldo Digón.
A entrada será de balde pero é recomendable reservar asento no 665 13 44 90.