Mércores. 27.01.2021
El tiempo

Papa Noel e os Reis Magos si que farán cabalgata por Camariñas

Papa Noel e os Reis Magos si que farán cabalgata por Camariñas

Non para a cultura por Nadal en Camariñas, onde finalmente os Reis Magos e Papa Noel si que farán as súas visitas polas parroquias.

Pero haberá moito máis. Por exemplo, os días 28, 29 e 30 de decembro a Casa de Pedra acollerá un obradoiro de realización de curtametraxes para mozos e mozas a partir de 8 anos e o 28 e 29 de decembro Pedro Brandariz impartirá obradoiros e levará a cabo un contacontos na Biblioteca Municipal dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. As persoas que desexen participar nestas dúas actividades deberán anotarse na biblioteca ata o 18 de decembro.

Tamén se desenvolverá este ano unha acción virtual denominada ‘O Nadal nas redes’, que consiste na publicación na páxina de Facebook municipal de guías sobre motivos decorativos do Nadal. Os interesados e interesadas en participar poderán enviar as súas creacións ao teléfono 665 134 490, que se publicarán o 21, 24, 28 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro.

Ademais, o 10 de xaneiro celebrarase na Casa de Pedra ás 17:30 horas un concerto de Xoan Curiel dirixido a toda á familia e no que haberá limitación de aforo.

Novas relacionadas

comentarios